xoves, 30 de xaneiro de 2025

XXVII Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)


O Concello da Estrada, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Secretaría Xeral da Lingua, e a Editorial Galaxia, convoca o XXVII premio de Novela Manuel García Barros, cunha dotación económica de 9 000 euros.


Poderán concorrer ao premio autoras e autores que presenten orixinais escritos en lingua galega, agás os gañadores das últimas 5 edicións.


O prazo de presentación de orixinais remata o 31 de xaneiro de 2025.

XXIX Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares

 


O Concello da Estrada convoca a XXIX Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares co obxectivo de promover o traballo de novos autores e autoras no eido da poesía.

O prazo de presentación de orixinais remata o 31 de xaneiro de 2025.

xoves, 16 de xaneiro de 2025

V PREMIO ALBERTE QUIÑOI DE ÁLBUM ILUSTRADO

O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.

Poden participar todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil.

O prazo de admisión de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2025.




 BASES

martes, 12 de novembro de 2024

TÍRALLE DA LINGUA


tíralle da lingua 

YOUTUBEIRAS + 2024


Neste nova edición (a oitava!), os Premios Youtubeiras traen novidades: renacen como Premios Youtubeirasao abrir a participación ás persoas creadoras de contidos en galego en TikTok e hai novas categorías de premios!

Os premios, cuxas bases están publicadas aquí, repartirán 7500 euros entre as persoas gañadoras de sete categorías: canle de YouTube, canle de TikTok, creación de contidos, revelación, calidade lingüística, rede e premio do público. O prazo de inscrición está aberto até ás 23.59 horas do 15 de novembro e faise a través deste formulario.

Para o Premio do Público, calquera poderá presentar suxestións a través deste formulario até o 15 de novembro. Ninguén poderá propor como candidatos os seus propios vídeos. Con todas as candidaturas recibidas crearase un formulario de votación que se difundirá polas redes sociais de Youtubeiras+ e estará habilitado do 25 de novembro ao 5 de decembro. 

YOUTUBEIRAS+ 2024

martes, 22 de outubro de 2024

CELEBRA O SAMAÍN NO CIFP A FARIXA!!

Este curso temos varias actividades para celebrar o Samaín e seguro que algunha é do teu interese. 

Gústache escribir? Apúntate ao concurso de Microrrelatos Terroríficos.

Tes voz radiofónica? Entón o teu é o concurso de Podcast.

Es máis de facer manualidades? Anótate ao concurso de decoración de cabazos ou decora a porta da túa aula.


Todos os concursos teñen premios e podes atopar as bases nos códigos QR do cartel.e nas ligazóns a seguir:




xoves, 27 de xuño de 2024

Convocatoria Mostra Creativa

Se es creativo e queres mostrar o teu talento en vivo, a Mostra Creativa é para ti. Exhibe o teu proxecto artístico de música ou artes performativas en vivo en calquera disciplina (circo, danza, poesía, pintura…)

Temos un lugar para exhibir o teu talento o día 20 de xullo, na ponte internacional de Tui-Valença, no marco do festival. Un espazo animado para poñer en valor a creatividade e o emprendemento do talento galego e portugués.

A organización do IKFEM fará unha selección dos proxectos presentados para a demostración en vivo. Darase prioridade ás propostas dos creadores do territorio da Eurociudad Tui-Valença.

Ademais, a AECT Galicia- Norte de Portugal outorgará o recoñecemento “Talento Eurorrexión 2024” ao mellor proxecto.

Convocatoria Mostra Creativa

mércores, 29 de maio de 2024

Curso de Verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos

O Curso de Verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos, organizado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar entre o 15 e o 18 de xullo.

Este curso proporcionaralle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais. Asemade, permitiralle achegarse a diferentes proxectos de Humanidades Dixitais, particularmente aos desenvolvidos en Galicia, así como coñecer as infraestruturas dixitais de investigación DARIAH e CLARIN.

O prazo de matrícula está aberto desde o 15 de maio até o 5 de xullo. Pode consultarse tanto a información relativa á matrícula coma o programa na páxina do evento.



xoves, 2 de maio de 2024

aRi(t)mar Galiza e Portugal

Até o 13 de maio está aberto o prazo para as votacións en liña á mellor poesía galega e portuguesa do ano 2023.




VOTA XA!!

Xogos tradicionais galegos

O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega, ofrécenos unha aplicación sobre os xogos tradicionais, que ten tamén a correspondente versión web; unha ferramenta de interese para o alumnado, para as familias e para o profesorado, que permite incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para consultala con facilidade no interior e no exterior, no rural e no urbano, e que aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura e a lingua galegas.
APP
WEB