Achégase o Samaín e dende o EDLG do CIFP A Farixa colaboramos coa EOIOU, co CIFP de Vilamarín e co CIFP Portovello nunha nova edición do xa clásico concurso de relatos espantosos. Tes as bases no código qr que aparece no cartel.
xoves, 15 de outubro de 2026
luns, 10 de novembro de 2025
RELATO GAÑADOR NO CIFP A FARIXA DO CONCURSO DE RELATOS ESPANTOSOS DO SAMAÍN
Parabéns a Silvia Domínguez Navarro e mil grazas aos equipos de dinamización da EOIOU e do CIFP Portovello.
mércores, 15 de outubro de 2025
SAMAÍN NO CIFP A FARIXA!!
- Obradoiro de cabazas: o día 30 de outubro, xoves, de 10:00 a 11:30, diante da cafetaría. Trae algunha idea, que o cabazo e o cúter xa o poñemos nós. Poderás votar a través do primeiro código QR. É necesario apuntarse antes enviando un correo a dinamizafarixa@farixa.es indicando nome e apelidos, curso e ciclo.
- Concurso de Podcast: en colaboración co Departamento de Imaxe e Son do CIFP A Farixa e co CIFP de Vilamarín. Tes as bases no segundo código QR.
- Concurso de Microrrelatos: en colaboración coa EOIOU e co CIFP Portovello. Tes as bases no terceiro código QR.
- Decoración de portas das aulas: organiza a Biblioteca do centro. Non fai falla anotarse. Decora a túa aula!!
Concurso de "Relatos Espantosos" do Samaín.
Xa está aquí o Samaín de novo, e o noso instituto, en colaboración coa EOIOU e co CIFP Portovello, pon en marcha unha nova edición do concurso de "Relatos Espantosos" do Samaín. Deixámosvos por aquí as bases.
martes, 22 de outubro de 2024
CELEBRA O SAMAÍN NO CIFP A FARIXA!!
Este curso temos varias actividades para celebrar o Samaín e seguro que algunha é do teu interese.
Gústache escribir? Apúntate ao concurso de Microrrelatos Terroríficos.
Tes voz radiofónica? Entón o teu é o concurso de Podcast.
Es máis de facer manualidades? Anótate ao concurso de decoración de cabazos ou decora a porta da túa aula.
luns, 23 de outubro de 2023
CONCURSO DE RELATOS DO SAMAÍN 2023
A EOI de Ourense e o CIFP A Farixa colaboran neste terrorífico concurso de Samaín!! Anímate a participar enviando o teu relato en texto ou audio a dinamizafarixa@gmail.com. Asústanos cun máximo de 150 palabras e leva un premio!! 💀💀😈😈👻👻🎃🎃
martes, 5 de novembro de 2019
Samaín: obradoiro de decoración de cabazos
O proceso:
Grazas a Jorge Gómez e Erik Pereira de 1º de STI pola súa participación, e ao grupo de 2º de PARE pola súa colaboración na preparación da actividade.
venres, 11 de outubro de 2019
Samaín 2019

Xa estamos en outubro e o 31 é o día do Samaín !!
Como non so podemos vivir de coñecementos técnicos, temos que aproveitar para alimentarmonos culturalmente e promocionar a celebración do Samaín cun concurso de relatos curtos de medo!
Tamén se necesitarían voluntarios para ambientar o instituto nesa semana con de decoración de cabazos e outros elementos terroríficos!! Vaise realizar un obradoiro onde poderán participar todos e todas as interesadas, onde decoraremos cabazos e ambientaremos o hall do centro.
Na América anglosaxoa a festa de Difuntos convertíuse na festa de Halloween.
Prazas: actividade para 10 alumnos
Participantes: poderá participar todo o alumnado que non teña previstas outras actividades, e con autorización dos correspondentes profesores. Se houbese máis interesados que prazas, escolleranse os 10 primeiros en anotarse Tamén poderá participar calquira profesor ou persoal do centro que o desexe.
Inscripción: o alumnado que desexe participar deberá anotarse nunha lista que estará deispoñible en conserxería; prazo: ata o luns 21.
Data de celebración: o martes 22 realizarase unha pequena reunión no recreo para organizar as actividaes a desenvolver. O obradoiro se realizará o venres 25 de 3ª hora en adiante.
- Participantes: poderá participar todo o alumnado, persoal non docente e persoal docente do CIFP A Farixa.
- Premios: o premio consistirá nin vale de 40 € para material informático e/ou de oficina para o mellor relato do alumnado, e un bonito diploma para o mellor relato para o persoal docente e non docente. Poderán declararse desertos no caso de poucos relatos recibidos e/ou debido ao seu contido, a criterio do xurado.
- Temática: debe ser un relato orixinal sobre o medo, terror,... preferentemente usando as figuras da nosa cultura popular (lobishomes, diaños, meigas, Santa Compaña, mouros, fadas, etc...)
- Formato: o relato terá unha extensión máxima de 1 páxina , en letra Arial, tamaño 12 e debe estar escrito en galego.
- Entrega: farase en formato informático, enviando o texto adxunto ao correo electrónico edlg@farixa.es , especificando nome do autor ou autora, curso e título do relato.
- Prazo: os relatos poderanse enviar ao email indicado ata o 30 de outubro. Prolongado o prazo ata o 8 de novembro!!
- Xurado: estará composto polos membros do EDLG de A Farixa.
- Publicación dos relatos gañadores: faranse públicos no blog do EDLG a partir do 13 de novembro.
- Difusión de datos: Os participantes aceptan a difusión dos seus nomes e dos textos presentados a concurso, co fin de dar a coñecer as actividades realizadas.
mércores, 5 de decembro de 2018
Entrega de premio ao gañador de relatos de samaín
martes, 27 de novembro de 2018
Ganador do concurso de relatos do Samaín
Esperamos que para o próximo ano paticipedes máis xente!
luns, 29 de outubro de 2018
A maxia do amor
martes, 16 de outubro de 2018
Concurso de Samaín
- Participantes: poderá participar todo o alumnado do CIFP A Farixa.
- Premios: o premio para ambas categorías consiste en sendos vales de 40 € para material informático.
- Xurado: estará composto polos membros do EDLG de A Farixa.
- Voto popular: ademáis dos votos emitidos polo xurado, otorgarase un voto popular ao cabazo e ao texto máis votados no blog do EDLG polo alumnado do centro. Para votar por un dos cabazos ou un dos textos, haberá que facer un comentario na entrada correspondente do blog, indicando o nome e o curso do votante. Podedes votar ata o día 9 de novembro.
- Publicación do cabazo e relato gañadores: faranse públicos no blog do EDLG a partir do 13 de novembro.
- Os participantes aceptan a difusión de imaxes dos cabazos e dos textos presentados a concurso, co fin de dar a coñecer as actividades realizadas.
- Poderá participar todo o alumnado do CIFP A Farixa, ben individualmente ou en grupos de 4 alumnos ou alumnas como máximo.
- Por razón de espazo, o cabazo debe ter un tamaño moderado.
- Será gañadora a decoración máis orixinal e terrorífica.
- Os textos, se os hai, deberán estar en galego.
- É necesario inscribirse antes do 26 de outubro enviando nome e curso dos ou das participantes ao correo edlg@farixa.es co asunto concurso de cabazos.
- É necesario traer os cabazos o lúns 29 para colocalos no lugar escollido para a súa exposición ata o día 31; ao finalizar as clases o día 31, deberán ser retirados.
- No blog do EDLG se publicará unha reportaxe fotográfica dos cabazos presentados.
- Temática: debe ser un relato orixinal sobre o medo, terror,... preferentemente usando as figuras da nosa cultura popular (lobishomes, diaños, meigas, Santa Compaña, mouros, fadas, etc...)
- Formato: o relato terá unha extensión máxima de 1 páxina , en letra Arial, tamaño 12 e debe estar escrito en galego.
- Entrega: farase en formato informático, enviando o texto adxunto ao correo electrónico edlg@farixa.es, especificando nome do autor ou autora, curso e título do relato.
- Prazo: os relatos poderanse enviar ao email indicado ata o 28 de outubro.
- O día 29 todos os relatos recibidos serán publicados no blog do EDLG.



.png)











