xoves, 2 de decembro de 2021

4º PREMIOS INTERNACIONAIS DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, "O VELLO DOS CONTOS".

O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, en colaboración con Ponte nas Ondas convocan os IV Premios de Podcasts en galego e portugués, Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos".

Podes participar se tes entre 10 e 18 anos. Solicita participar antes do 21 de decembro de 2021 e envía o teu traballo antes do 15 de maio de 2022.

O podcast estará relacionado coa figura de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no Días das Letras Galegas 2022. Tamén podes falar do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e Norte de Portugal. 

Máis info nas bases.


XXVIII PREMIOS DA PUBLICIDADE EN GALEGO


Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con periodicidade anual, os Premios de Publicidade en Galego, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan xeral de normalización lingüística. Na presente edición, a convocatoria dos premios rexerase polas seguintes bases:

Premios:

Establécense cinco premios, un por cada unha das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos.

O prazo de inscrición nesta convocatoria e, así mesmo, para a presentación dos traballos que concorren aos premios comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal) e rematará o 30 de decembro.


BASES
FICHA DE INSCRICIÓN