Amosando publicacións coa etiqueta usc. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta usc. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de maio de 2024

Curso de Verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos

O Curso de Verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos, organizado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar entre o 15 e o 18 de xullo.

Este curso proporcionaralle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais. Asemade, permitiralle achegarse a diferentes proxectos de Humanidades Dixitais, particularmente aos desenvolvidos en Galicia, así como coñecer as infraestruturas dixitais de investigación DARIAH e CLARIN.

O prazo de matrícula está aberto desde o 15 de maio até o 5 de xullo. Pode consultarse tanto a información relativa á matrícula coma o programa na páxina do evento.



xoves, 18 de maio de 2023

PETISCOS DE CIENCIA 2023


A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca de novo neste ano 2023 o concurso Petiscos de ciencia de vídeos científicos en galego.

Nesta iniciativa vai poder participar o alumnado da ESO, de formación profesional e de bacharelato dos institutos de Galicia, en grupos de 3 persoas como máximo, coordinados por un/unha docente.

Para facelo, debe presentar un vídeo en galego de entre 30 e 90 segundos, inédito e orixinal, que atenda cun enfoque divulgativo a calquera tema relacionado coa ciencia.

PRAZOS

Os vídeos poden presentarse ata o 15 de outubro de 2023

PREMIOS

1. Agasallo por valor de 200 euros.

2. Agasallo por valor de 100 euros.



 BASES