Amosando publicacións coa etiqueta podcast. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta podcast. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de febreiro de 2026

PREMIOS DE PODCAST O VELLO DOS CONTOS


VIII PREMIOS INTERNACIONAIS DE PÓDCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, “O VELLO DOS CONTOS”

Poderá concorrer a estes premios o alumnado dos centros de ensino de educación primaria e secundaria, incluído para adultos, e das universidades de Galicia e Portugal.

Presentaranse pódcasts orixinais e inéditos relacionados coa figura de Xosé Mosquera Pérez, "O Vello dos Contos", ou cos inicios da radio en Galicia, así como outros relacionados con calquera das materias dos plans de estudos dos diferentes niveis educativos aprobados pola Xunta de Galicia.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes de inscricións finaliza o 13 de febreiro de 2026 e o de presentación e envio de traballos remata o 1 de maio de 2026.

Premios

Establécense os seguintes premios:

  • Premio ao mellor traballo de primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma 
  • Premio ao mellor traballo de secundaria de Galicia e doutros centros de ensino non universitario e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, cursados fóra da Comunidade Autónoma
  • Premio ao mellor traballo de centros de ensino para adultos
  • Premio ao mellor traballo realizado por alumnado universitario decalquera titulación
  • Premio ao mellor proxecto radiofónico

luns, 20 de outubro de 2025

CONCURSO DE PODCAST DO SAMAÍN NO CIFP A FARIXA

O CIFP A Farixa e o CIFP de Vilamarín uníronse este curso para organizar o concurso de Podcast de Samaín, contanto coa colaboración do Departamento de Imaxe e Son da Farixa. Tes as bases debaixo da foto. Anímate a participar!!


BASES

xoves, 14 de decembro de 2023

II Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo"

Se tes entre 15 e 25 anos e che gusta o mundo do podcast, anímate a participar. Os temas preferentes das pezas que se presenten ao premio serán o medio ambiente, a paisaxe, a sostibilidade, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a etnografía, a comunicación oral e a tradición oral. Todos temas do universo oteriano. O idioma será o galego.

As pezas enviaranse ao correo da asociacion: amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo de 2024.



 Bases 

luns, 20 de novembro de 2023

PREMIOS INTERNACIONAIS DE PODCAST "O VELLO DOS CONTOS"


Se tes entre 10 e 18 anos e che gusta o mundo do podcast, aquí tes unha oportunidade para amosar o teu talento. Grava un podcast de entre 3 e 5 minutos sobre a vida e obra de Luísa Villalta ou sobre o patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e/ou do norte de Portugal. O podcast ten que ser gravado en galego respectando a normativa ortográfica da RAG ou en portugués, respectando o último acordo ortográfico. 

Hai premios en metálico (500 euros), lotes de libros para a biblioteca e unha escultura conmemorativa para a aula e outra para o centro, ademais dun diploma acreditativo. 

Anímate a participar!!






xoves, 2 de decembro de 2021

4º PREMIOS INTERNACIONAIS DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, "O VELLO DOS CONTOS".

O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, en colaboración con Ponte nas Ondas convocan os IV Premios de Podcasts en galego e portugués, Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos".

Podes participar se tes entre 10 e 18 anos. Solicita participar antes do 21 de decembro de 2021 e envía o teu traballo antes do 15 de maio de 2022.

O podcast estará relacionado coa figura de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no Días das Letras Galegas 2022. Tamén podes falar do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e Norte de Portugal. 

Máis info nas bases.