luns, 27 de marzo de 2023

Convocatoria do V Concurso de Podcasts-Radio na biblio

A Dirección Xeral de  Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas escolares, fai pública a Resolución de 21 de marzo de 2023, pola que se convoca o V Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración  coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas 2023, dedicado este ano ao intelectual, escritor, activista político e cultural, articulista, editor e ensaísta Francisco Fernández del Riego, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre a valoración da lingua materna, reforzar a lectura en galego ou o achegamento ao mundo da edición e da tradución, e da importancia do activismo cultural a partir dos anos 50 do que foi protagonista, entre outros, o autor homenaxeado.

O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 28 de abril de 2023.





XX CERTAME LITERARIO CONCELLO DE AMES

 

Certame de poesía e narrativa organizado polo Concello de Ames. Haberá unha categoría para menores de 14 anos, outra entre 14 e 17 anos e outra para maiores de 18 anos. 
Se escribes en prosa, a extensión da obra debe ter entre 2 e 6 páxinas. Se escribes poesía, entre 20 e 50 versos. 
Hai tres premios económicos por categoría.
Anímate e participa!!

BASES

mércores, 8 de marzo de 2023

8M

 

Como naceu realmente o Día Internacional da muller?
O 17 de agosto de 1917 celebrouse a primeira Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, e, no Segundo Encontro Internacional de Mulleres Socialistas, en 1910, Clara Eißner e Käte Duncker presentaron a proposta de crear o "Día internacional da muller" ou "Día da muller traballadora".
Loitadora pola igualdade de dereitos entre mulleres e homes e polo dereito ao voto feminino, a figura de Clara Eißner é capital se queremos falar de feminismo.