A Asemblea de Mulleres do STEG pon á vosa disposición este podcast no que atoparas á Begoña Caamaño xornalista, á activista e á escritora.
luns, 11 de maio de 2026
martes, 28 de abril de 2026
mércores, 4 de marzo de 2026
VII Concurso Literario Letras Galegas 2026
O prazo de entrega será ata o 3 de maio de 2026.
Os premios serán os seguintes:
1º PREMIO: 400 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 100 € e diploma
2º PREMIO: 300 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 € e diploma
3º PREMIO: 200 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 25 € e diploma.
LINGUA DE NAMORAR 2026
Volve o concurso de mensaxes de amor "Lingua de Namorar". Lembra que tes atçe o 16 de marzo para participar, que podes participar se tes entre 14 e 35 anos e que hai premios moi interesantes (tabletas dixitais, libros electrónicos e auriculares bluetooth). Entra na web e deixa as túas mensaxes!!
CONCURSO DE CARTEIS POLO 8M
Este domingo é 8M e para celebralo organizamos este concurso de carteis no CIFP A Farixa. Para participar bota un ollo ás bases que tes no código QR.
martes, 24 de febreiro de 2026
PREMIOS DE PODCAST O VELLO DOS CONTOS
Presentaranse pódcasts orixinais e inéditos relacionados coa figura de Xosé Mosquera Pérez, "O Vello dos Contos", ou cos inicios da radio en Galicia, así como outros relacionados con calquera das materias dos plans de estudos dos diferentes niveis educativos aprobados pola Xunta de Galicia.
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes de inscricións finaliza o 13 de febreiro de 2026 e o de presentación e envio de traballos remata o 1 de maio de 2026.
Premios
Establécense os seguintes premios:
- Premio ao mellor traballo de primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma
- Premio ao mellor traballo de secundaria de Galicia e doutros centros de ensino non universitario e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, cursados fóra da Comunidade Autónoma
- Premio ao mellor traballo de centros de ensino para adultos
- Premio ao mellor traballo realizado por alumnado universitario decalquera titulación
- Premio ao mellor proxecto radiofónico





