xoves, 15 de decembro de 2022

PREMIOS INTERNACIONAIS DE PODCAST - O VELLO DOS CONTOS


Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria (de 5º e 6º cursos) e secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.

Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados coa vida e obra e Francisco Fernández del Riego, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas en 2023, ou con outros aspectos do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do Norte de Portugal, cunha duración máxima de tres minutos.

Establécense os seguintes premios:

  • Premio ao mellor traballo do alumnado de 5º e 6º cursos de primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma.
  • Premio ao mellor traballo dos centros de educación secundaria e doutros centros de ensino non universitario de Galicia e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma.



 O vello dos contos (bases)


luns, 5 de decembro de 2022

Elisa e Marcela en banda deseñada de balde!!

O Consello da Cultura Galega presenta esta banda deseñada que, en palabras da autora Xulia Vicente, “relata a historia de Elisa e Marcela, dúas mulleres cuxa peculiar historia foi reconstruída a partir de documentos oficiais e de extractos de xornais, moitas veces con testemuñas de difícil comprobación. Necesariamente, este relato emprega a ficción para suplir algún ocos e facilitar a narración. Esta banda deseñada ten a intención de divulgar e visibilizar a vida destas mulleres, pero nunca debe tomarse como unha versión cen por cen fiel á historia”.

Descarga Elisa e Marcela




luns, 28 de novembro de 2022

III Premio Alberto Quiñoi de álbum ilustrado


III Premio Alberto Quiñoi de álbum ilustrado.
As obras, que poderán presentarse en calquera medio ou soporte, deberán ser inéditas. O texto escrito e a ilustración serán valorados por xunto e daráselles a mesma importancia.
Establécese un premio único de 4000 € para o gañador ou gañadora.
O prazo de presentación de orixinais remata o 11 de febreiro de 2023.




#ilustración #fpgalicia #dinamizafarixa

mércores, 16 de febreiro de 2022

PREMIOS DE LITERATURA DRAMÁTICA

 A Xunta convoca as novas edicións dos seus premios de literatura dramática cunha dotación global de 26.000 euros.

Nova convocatoria dos premios de #literaturadramática da Xunta de Galicia:
🏆 XXVI #ÁlvaroCunqueiro para textos teatrais. Dotación: 8000€
🏆 XII #ManuelMaría de literatura dramática infantil. Dotación 6000€
🏆 XV #BarrigaVerde de textos para teatro de monicreques. Dotación: 6000 euros para cada modalidade (público infantil e adulto)
➕ A posibilidade de publicación das obras gañadoras.
📅 Prazo de presentación de orixinais ata o 2 de maio 👉 https://bit.ly/3uSwrGH



LINGUA DE NAMORAR 2022

Concurso Lingua de Namorar 22!!
Categoría A: 14 a 19 anos.
Categoría B: 20 a 35 anos.
Para estas dúas categorías, basta con cubrir o formulario.
Categoría C: Instagram. Cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega. Resto de información na ligazón.
Premios:
- 1º Patinete eléctrico Youin You-Go L.
- 2º Tocadiscos Nevir retro.
- 3º Reloxo intelixente con esfera curvada 2.5D.
Establécese un premio para a categoría C:

- 1º Patinete eléctrico Youin You-Go L. 




venres, 11 de febreiro de 2022

Concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Convocatoria do concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Tedes as bases na ligazón.

Se vos gusta debuxar, tedes até o 22 de febreiro!!




luns, 31 de xaneiro de 2022

CONCURSO DE MICRORRELATOS.

Gústache escribir pero non tes moita paciencia? Pois isto é o teu. Concurso de microrrelatos!!!
Máximo: 200 palabras (titulo incluído).
Prazo para presentarse: até o 28 de febreiro.
Premios: Nintendo Switch, MacBook Air 13.3 SG/1.6GHZ, Kindle...
ANÓTATE!!!


Bases do concurso


martes, 18 de xaneiro de 2022

O meu baleiro

Xa tedes á vosa disposición na biblioteca do centro o libro "O meu baleiro", con ilustracións do noso compañeiro Marcos Viso. Botádelle un ollo!!


O meu baleiro