Amosando publicacións coa etiqueta linguadenamorar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta linguadenamorar. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de marzo de 2026

LINGUA DE NAMORAR 2026



Volve o concurso de mensaxes de amor "Lingua de Namorar". Lembra que tes atçe o 16 de marzo para participar, que podes participar se tes entre 14 e 35 anos e que hai premios moi interesantes (tabletas dixitais, libros electrónicos e auriculares bluetooth). Entra na web e deixa as túas mensaxes!!

BASES 

martes, 25 de febreiro de 2025

LINGUA DE NAMORAR 2025

Escribe unha mensaxe de amor en galego, en prosa ou en verso, sen pasar dos 350 caracteres (letras, espazos en branco e signos de puntuación) para as categorías A e B, e 200 caracteres para a categoría C.
Entre os premios hai tabletas, altofalantes e auriculares Bluetooth. A data límite é o 15 de marzo.

Anímate!!


 BASES

luns, 4 de marzo de 2024

LINGUA DE NAMORAR 2024

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. 

Para participar no concurso nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos) só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas dúas modalidades publicaranse na páxina do concurso:

http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

Para participar na categoría C (exclusiva para Instagram) cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.

As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación engadirase o cancelo #LinguaDeNamorar. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes, cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:

- 1º Patinete eléctrico
- 2º Altofalante bluetooth JBL
- 3º Cascos sen fíos

Establécese un premio para a categoría C:

- 1º Patinete eléctrico

Máis info


mércores, 15 de febreiro de 2023

Lingua de namorar 2023

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e as mozas de 14 a 35 anos.

Tes a información sobre os premios, o concurso de Instagram e demais na ligazón adxunta. Anímate!!






Lingua de namorar

mércores, 16 de febreiro de 2022

LINGUA DE NAMORAR 2022

Concurso Lingua de Namorar 22!!
Categoría A: 14 a 19 anos.
Categoría B: 20 a 35 anos.
Para estas dúas categorías, basta con cubrir o formulario.
Categoría C: Instagram. Cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega. Resto de información na ligazón.
Premios:
- 1º Patinete eléctrico Youin You-Go L.
- 2º Tocadiscos Nevir retro.
- 3º Reloxo intelixente con esfera curvada 2.5D.
Establécese un premio para a categoría C:

- 1º Patinete eléctrico Youin You-Go L.