xoves, 14 de maio de 2020

Día das Letras Galegas 2020

Día das Letras Galegas 2020: Carvalho Calero

2020 - Ricardo Carvalho Calero - O Portal da Lingua Galega

Este resume sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero foi realizado a partir da guía elaborada polo IES Ferrol Vello de Ferrol (A Coruña): Guía didáctica Letras Galegas 2020

Vida:

Ricardo Carvalho Calero, nado como Ricardo Leopoldo Ángel José Gerardo Carballo Calero no Ferrol o 30 de outubro de 1910, é unha das persoas máis sobranceiras do século XX galego, como demostran as súas numerosas publicacións literarias de todos os xéneros, os seus estudos sobre a lingua e a literatura e a súa implicación nas principais iniciativas culturais do galeguismo no século XX.

Don Ricardo de Fingoi | Don Ricardo de Fingoi
Coa súa dona, María Ignacia Ramos,
coa que casou en 1933
Ficheiro:Carballo Calero, dunha foto con Cunqueiro e Fernández del ...
Carvalho Calero (dereita), con
Cunqueiro e Fernández del Riego en
Santiago de Compostela
Ricardo Carvalho Calero participou activamente na vida política e cultural de preguerra, así como na defensa da II República. Foi cofundador do Partido Galeguista e tivo un papel destacado na campaña a prol do Estatuto de Autonomía.

Ricardo Carvalho Calero residiu en diferentes cidades galegas e en todas deixou a súa pegada. Ademais, durante a súa época de soldado viviu noutras zonas da Península como Madrid, Valencia ou Andalucía.

Ricardo Carvalho Calero, como outros integrantes do movemento galeguista de preguerra, sufriu a represión do franquismo. Estivo dous anos na cadea (mais nun principio condenárano a doce anos e un día), en Xaén, por defender o sistema republicano e pertencer ao movemento galeguista.

De 1950 a 1965, Carvalho é conselleiro delegado do Colexio Fingoi, un centro privado en Lugo cunha metodoloxía innovadora, na liña da Escola Nova e da Institución Libre de Ensinanza, mixto, sen libros de texto, situado nunha contorna rural onde os alumnos e as alumnas tiñan cadansúa horta e con talleres para promover a aplicación práctica dos coñecementos na vida cotiá.

Carballo Calero cos primeiros
alumnos e alumnas de Fingoi.
Fonte: Colexio Fingoi
Alumnado de Fingoi representando a adaptación
d'O círculo de xiz realizada por Carballo Calero.
Fonte: Colexio Fingoi

La Asociación de Escritores en Lingua Galega pide también que se ...En 1958, incorporouse á Real Academia Galega co discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía.

Antologia da poesia em galego, Ricardo Carvalho Calero – Caderno ...En 1965, Carvalho Calero, tras retomar as oposicións interrompidas pola guerra, empeza a dar clase no instituto Rosalía de Castro. Paralelamente exerce a docencia na Universidade de Santiago de Compostela, onde será o primeiro profesor de Lingua e Literatura Galega e, desde 1972, é tamén o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. Nesta época, consciente da necesidade de dotar o alumnado de manuais para a aprendizaxe, acentúase o seu labor investigador. Froito da necesidade de manuais para o estudo destas materias é a súa Gramática elemental del gallego común (1966), que chegou a acadar sete edicións.

En 1970 e 1971, participou na redacción das primeiras normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e en 1979 presidiu a Comisión de Lingüística que elaborou as Normas ortográficas do idioma galego publicadas pola Xunta de Galicia en 1980.

A última etapa da súa vida foi complicada cultural e institucionalmente, a causa da marxinación a que se viu sometido pola súa defensa das teses reintegracionistas. No entanto, recibiu tamén numerosas homenaxes e recoñecementos, entre eles a Medalla Castelao ou o nomeamento como fillo predilecto de Ferrol.

Recibindo o nomeamento de fillo predilecto de Ferrol
Ficheiro:Ricardo Carvalho Calero - Busto - 01.jpg - Wikipedia, a ...
Monumento a Carvalho Calero
en Santiago de Compostela
Ricardo Carvalho Calero faleceu o 25 de marzo de 1990 en Santiago de Compostela. En 1996, o Parlamento de Galicia nomeouno fillo ilustre de Galicia.

Serie de caricaturas de Carvalho Calero elaboradas por Siro
Caricaturas de Carvalho Calero realizadas por Siro.

Obra:

Poesía:

A obra poética de Carvalho Calero recóllese en catro poemarios: Pretérito imperfeito (1927-1961), Futuro condicional (1961-1980), Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) e Reticências... (1986-1989). As dúas primeiras inclúen os volumes que Carvalho publicara nos anos anteriores pois, na última década da súa vida, o autor revisou e reeditou gran parte da súa obra anterior, adaptándoa á norma reintegracionista.

Pretérito imperfeito: (1927-1961) - Carvalho Calero 2020 Centro de Documentación da AELG CARVALHO CALERO & FELIPE CRIADO. CANTIGAS DE AMIGO E OUTROS POEMAS. 1986 - ASINADO POLO AUTOR (Libros de Segunda Mano (posteriores a 1936) - Literatura - Poesía) Carvalho Calero: de puño e letra

Carvalho Calero considerábase ante todo poeta. Temas recorrentes na súa poesía, extensa e variada, son a muller, a saudade da infancia, a vellez, a guerra e a represión, a morte, o sentido da vida e a busca do Absoluto e da transcendencia. Outras características son a sensualidade e o erotismo ou a ironía e o escepticismo.
Na poesía de Carvalho son frecuentes as mencións culturais, clásicas e mitolóxicas. A mitoloxía grega e latina será un tema recorrente na súa obra. Tamén aparece a miúdo a recreación dos mitos bíblicos, artúricos e xermánicos.
Unha das correntes poéticas que deixaron pegada na obra de Carvalho foi o vangardismo. Os primeiros poemas presentan influencia do hilozoísmo, neotrobadorismo, ultraísmo e creacionismo. Nos textos da posguerrra, o influxo do existencialismo faise evidente.

Narrativa:

Carvalho só publicou dúas novelas, moi diferentes unha da outra en moitos sentidos:
  • A xente da Barreira foi a primeira novela en galego publicada na posguerra. Esta novela entronca coa tradición novelística galega de preguerra polas súas referencias ao mundo narrativo de Otero Pedrayo.

  • Scorpio (1987), a segunda novela de Carvalho Calero,Premio da Crítica de narrativa galega, é considerada pola crítica como unha das mellores obras do século XX en galego. Con tintes autobiográficos, narra a vida dun mozo ferrolán que estuda no Santiago de Compospela de antes da Guerra Civil, e acaba loitando no bando republicano durante o conflicto bélico.

Scorpio: Amazon.es: Carvalho Calero, Ricardo: Libros

Booktrailer da novela Scórpio que realizaron na produtora Illa Bufarda:


Carvalho Calero escribiu outros textos narrativos, que foron compilados no volume Narrativa completa (1984). Esta publicación recolle, xunto coa primeira novela, revisada, os seguintes relatos: Os señores da Pena, O lar de Clara, As pitas baixo a chúvia, Os tumbos, A cegoña e Aos amores seródios.
NARRATIVA COMPLETA : Agapea Libros Urgentes

Teatro:

Coincidindo coa súa estadía en Fingoi, Carvalho Calero escribiu e representou co alumnado as súas obras teatrais, entre as que podemos salientar: Farsa das zocas, A arbre, O auto do prisioneiro ou Os xefes.
TEATRO COMPLETO : Agapea Libros Urgentes        4 pezas: a sombra de orfeo. farsa das zocas. a - Sold through ...

Ensaio:

Carvalho Calero tamén foi un estudoso da lingua e literatura galega. As obras máis salientables son Historia da lireratura galega contemporánea (1963), Gramática elemental del gallego común (1966), Sobre lingua e literatura galega (1971) ou os Estudos rosalianos (1979).

Día das Letras Galegas 2020


Feiraco, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza o IX Certame de Relatos Breves con motivo das Letras Galegas 2020. (Bases legais)