Achégase o Samaín e dende o EDLG do CIFP A Farixa colaboramos coa EOIOU, co CIFP de Vilamarín e co CIFP Portovello nunha nova edición do xa clásico concurso de relatos espantosos. Tes as bases no código qr que aparece no cartel.
Amosando publicacións coa etiqueta eoiou b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eoiou b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 15 de outubro de 2026
luns, 10 de novembro de 2025
RELATO GAÑADOR NO CIFP A FARIXA DO CONCURSO DE RELATOS ESPANTOSOS DO SAMAÍN
Parabéns a Silvia Domínguez Navarro e mil grazas aos equipos de dinamización da EOIOU e do CIFP Portovello.
mércores, 15 de outubro de 2025
SAMAÍN NO CIFP A FARIXA!!
Vén celebrar o Samaín connosco!! Aquí tes o programa para 💀 Faraín 2025 👻:
- Obradoiro de cabazas: o día 30 de outubro, xoves, de 10:00 a 11:30, diante da cafetaría. Trae algunha idea, que o cabazo e o cúter xa o poñemos nós. Poderás votar a través do primeiro código QR. É necesario apuntarse antes enviando un correo a dinamizafarixa@farixa.es indicando nome e apelidos, curso e ciclo.
- Concurso de Podcast: en colaboración co Departamento de Imaxe e Son do CIFP A Farixa e co CIFP de Vilamarín. Tes as bases no segundo código QR.
- Concurso de Microrrelatos: en colaboración coa EOIOU e co CIFP Portovello. Tes as bases no terceiro código QR.
- Decoración de portas das aulas: organiza a Biblioteca do centro. Non fai falla anotarse. Decora a túa aula!!
Concurso de "Relatos Espantosos" do Samaín.
Xa está aquí o Samaín de novo, e o noso instituto, en colaboración coa EOIOU e co CIFP Portovello, pon en marcha unha nova edición do concurso de "Relatos Espantosos" do Samaín. Deixámosvos por aquí as bases.
mércores, 10 de abril de 2024
CONCURSO DE COPLAS DOS MAIOS 2024
Xa veñen os maios e dende Dinamiza Farixa e o EDLG da EOIOU organizamos este concurso, así que saca a túa retranca a pasear e deixanos ver ese artisteo que levas dentro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



.png)
