xoves, 13 de febreiro de 2020

CONVOCATORIA 2020 DE PREMIOS A PROXECTOS DE FIN DE CICLO REDACTADOS E DEFENDIDOS EN GALEGO.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP A Farixa convoca os primeiros premios a proxectos de fin de ciclo redactados e defendidos en galego, co obxectivo de contribuír á normalización da lingua galega no ámbito académico.

Non é necesario inscribirse para participar:
poderá acceder automaticamente a estes premios todo o alumnado matriculado no CIFP A Farixa no curso 2019/2020 cuxos proxectos cumpran as bases.
Premiaranse ata un máximo dun proxecto por cada ciclo superior LOE presente no centro:
  • Proxectos de Edificación.
  • Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.
  • Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica.
  • Guía, información e Asistencia Turísticas.
  • Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.
  • Produción de Audiovisuais e Espectáculos.
  • Ensinanza e Animación Sociodeportiva  
Cada premio consistirá nun vale regalo de cincuenta euros (50,00€) para material informático e/ou de oficina.
As bases completas descríbense no seguinte documento: Bases