xoves, 23 de febreiro de 2023

Día de Rosalía de Castro

Hoxe, 23 de febreiro de 2023, celebramos o nacemento de María Rosalía Rita de Castro, poetisa e novelista galega, figura emblemática do Rexurdimento galego e precursora da poesía moderna galega. 

Para iso imos compartir con vós unha escolma de materiais que vos permitirá coñecer mellor á nosa Rosalía e a súa obra. 


Cantares gallegosContos da miña terraFollas novas en descarga gratuíta.

Visita en 28 segundos as casas nas que morou Rosalía (vídeo).

Goza da obra de Rosalía en formato audiolibro.

Documental sobre a Rosalía feminista (vídeo).

"Tik y Tak" explícanche en 5 minutos quen era Rosalía (vídeo).

Os Bolechas celebran a Rosalía (vídeo).

Escoita Negra Sombra musicada (vídeo).

Frases célebres de Rosalía (vídeo).

mércores, 22 de febreiro de 2023

Cursos preparatorios para a obtención de certificados de lingua galega

En total ofértanse 35 cursos titorizados -9 presenciais e 26 en liña- preparatorios das probas para obter os niveis Celga 2, 3 e 4


As solicitudes presentaranse a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística entre o 13 de febreiro e o 3 de marzo mentres que os cursos se impartirán do 20 do marzo ao 11 de maio


A Consellería de Cultura tamén ofrece cursos Celga de autoaprendizaxe nos catro niveis aos que a cidadanía pode acceder libremente sen límite de prazas nin prazos de impartición no Portal da Lingua Galega 

+ info


mércores, 15 de febreiro de 2023

Lingua de namorar 2023

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e as mozas de 14 a 35 anos.

Tes a información sobre os premios, o concurso de Instagram e demais na ligazón adxunta. Anímate!!






Lingua de namorar

CONCURSO DE DISFRACES DO CIFP A FARIXA

O vindeiro venres, 17 de febreiro, celébrase o concurso de disfraces do CIFP A Farixa. Será no patio do instituto de 12:30 a 13:30. A persoa gañadora recibirá un vale de 50 euros para cambiar por material escolar (informático, de libraría e papelaría, deportivo...). Máis información nas bases.





luns, 6 de febreiro de 2023

CONVOCATORIA 2023 DE PREMIOS A PROXECTOS DE FIN DE CICLO REDACTADOS E DEFENDIDOS EN GALEGO.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP A Farixa convoca os Premios a Proxectos de fin de ciclo redactados e defendidos en galego, co obxectivo de contribuír á normalización da lingua galega no ámbito académico.


Poderá acceder automaticamente a estes premios todo o alumnado matriculado no CIFP A Farixa no curso 2022/2023 cuxos proxectos cumpran as bases.
Premiarase ata un máximo dun proxecto por cada ciclo superior presente no centro:
  • Automatización e Robótica Industrial.
  • Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos. 
  • Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica. 
  • Proxectos de Edificación.
  • Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.
  • Guía, Información e Asistencia Turística. 
  • Produción de Audiovisuais e Espectáculos.
  • Acondicionamento físico.
  • Termalismo e Benestar.
Cada premio consistirá nun vale regalo de cincuenta euros (50,00 €) para material informático e/ou de oficina.
As bases completas descríbense no seguinte documento: BASES

I Certame de Poesía Respira!

Co obxectivo de fomentar a poesía no impulso das ideas e facer do galego un idioma de intercambio cultural, o Festival Alguén de respira! –organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística– convoca a a primeira edición do Premio Respira! de poesía, que se rexerá polas seguintes bases: Certame de Poesía Respira!