venres, 11 de outubro de 2019

Samaín 2019



Xa estamos en outubro e o 31 é o día do Samaín !!

Como non so podemos vivir de coñecementos técnicos, temos que aproveitar para alimentarmonos culturalmente e promocionar a celebración do Samaín cun concurso de relatos curtos de medo!

Tamén se necesitarían voluntarios para ambientar o instituto nesa semana con de decoración de cabazos e outros elementos terroríficos!! Vaise realizar un obradoiro onde poderán participar todos e todas as interesadas, onde decoraremos cabazos e ambientaremos o hall do centro.

O Samaín é a festa de orixe celta do fin do verán e de lembranza dos difuntos , que no cristianismo derivou na festa de Difuntos (ou día de Todos os Santos).

Na América anglosaxoa a festa de Difuntos convertíuse na festa de Halloween.

Se queredes saber máis acerca do Samaín, podedes ver esta unidade didáctica do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalva: O Samaín


Prazas: actividade para 10 alumnos
Participantes: poderá participar todo o alumnado que non teña previstas outras actividades, e con autorización dos correspondentes profesores. Se houbese máis interesados que prazas, escolleranse os 10 primeiros en anotarse Tamén poderá participar calquira profesor ou persoal do centro que o desexe.
Inscripción: o alumnado que desexe participar deberá anotarse nunha lista que estará deispoñible en conserxería; prazo: ata o luns 21.
Data de celebración: o martes 22 realizarase unha pequena reunión no recreo para organizar as actividaes a desenvolver. O obradoiro se realizará o venres 25 de 3ª hora en adiante.



Bases do concurso:
  1. Participantes: poderá participar todo o alumnado, persoal  non docente e persoal docente do CIFP A Farixa.
  2. Premios: o premio consistirá nin vale de 40 € para material informático e/ou de oficina para o mellor relato do alumnado, e un bonito diploma para o mellor relato para o persoal docente e non docente. Poderán declararse desertos no caso de poucos relatos recibidos e/ou debido ao seu contido, a criterio do xurado.
  3. Temática: debe ser un relato orixinal sobre o medo, terror,... preferentemente usando as figuras da nosa cultura popular (lobishomes, diaños, meigas, Santa Compaña, mouros, fadas, etc...)
  4. Formato: o relato terá unha extensión máxima de 1 páxina , en letra Arial, tamaño 12 e debe estar escrito en galego.
  5. Entrega: farase en formato informático, enviando o texto adxunto ao correo electrónico edlg@farixa.es , especificando nome do autor ou autora, curso e título do relato.
  6. Prazo: os relatos poderanse enviar ao email indicado ata o 30 de outubro. Prolongado o prazo ata o 8 de novembro!!
  7. Xurado: estará composto polos membros do EDLG de A Farixa.
  8. Publicación dos relatos gañadores: faranse públicos no blog do EDLG a partir do 13 de novembro. 
  9. Difusión de datos: Os participantes aceptan a difusión dos seus nomes e dos textos presentados a concurso, co fin de dar a coñecer as actividades realizadas.