Amosando publicacións coa etiqueta maios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta maios. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de abril de 2024

CONCURSO DE COPLAS DOS MAIOS 2024

Xa veñen os maios e dende Dinamiza Farixa e o EDLG da EOIOU organizamos este concurso, así que saca a túa retranca a pasear e deixanos ver ese artisteo que levas dentro.






martes, 2 de maio de 2023

CONCURSO DE COPLAS. MAIOS 2023


Escribe a túa copla e segue as instrucións que aparecen no cartel:
  • Escolle un tema: o profesorado, o equipo directivo, persoas que conducen a 215 qm/h, as rampas do alcalde...
  • Ten en conta a rima e que teña un mínimo de 12 versos.
  • Envíaa a dinamizafarixa@gmail.com
  • Data límite: 7 de maio. 
PREMIOS:
  • Mellor copla cantada/rapeada/recitada: un vale de 50 €.
  • Mellor copla non musicada (simplemente a copla escrita): un vale de 25 €.
 Pon a túa inspiración a traballar para facer unhas rimas ben satíricas. Moita sorte!!




 

venres, 28 de abril de 2023

Festa dos Maios 2023


En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o remate do cru inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas. Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade. En Ourense, convócase todos os anos un Concurso de Maios e Coplas no que participan todo tipo de grupos e colectivos sociais e culturais.

Os maios ourensáns son construcións figurativas, enxebres (entre os que dominan os de forma cónica ou piramidal, feitos con armazóns de varas ou canas, recubertos con plantas e decorados con laranxas bravas ou ovos) ou artísticas (máis modernos, representacións de monumentos, hórreos, barcos, actividades cotiás...). Estes maios son portados en andas polos seus creadores entre centos de persoas que participan da festa e pódense contemplar na Alameda do Concello.


Este ano celebrámolos o domingo, 7 de maio.