Amosando publicacións coa etiqueta instagram. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta instagram. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de outubro de 2023

IV CERTAME DE GALETIKTOKERS 2023

Grava un vídeo en galego de entre 15 e 90 segundos a través de TikTok ou dos Reels de Instagram.  

A temática é libre, polo que podes falar de deportes, humor, música, cine, literatura, etc. 

Tes as bases debaixo do cartaz. Anímate e amósanos a túa creatividade!! Hai seis premios de 300 euros!



BASES galetiktokers

mércores, 16 de febreiro de 2022

LINGUA DE NAMORAR 2022

Concurso Lingua de Namorar 22!!
Categoría A: 14 a 19 anos.
Categoría B: 20 a 35 anos.
Para estas dúas categorías, basta con cubrir o formulario.
Categoría C: Instagram. Cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega. Resto de información na ligazón.
Premios:
- 1º Patinete eléctrico Youin You-Go L.
- 2º Tocadiscos Nevir retro.
- 3º Reloxo intelixente con esfera curvada 2.5D.
Establécese un premio para a categoría C:

- 1º Patinete eléctrico Youin You-Go L. 




martes, 20 de outubro de 2020

Estamos nas redes sociais!!

 Bo día!!🙋


Agora tamén estamos en Facebook, Instagram e Spotify para que poidas seguir as nosas andazas galeguizadoras, colaborar con nós, propoñer ideas, queixarte, suxerir melloras...

Facebook: dinamizafarixa

Instagram: dinamizaogalegonafarixa

Spotify: dinamizafarixa

Que agardas?? Séguenos!!