Amosando publicacións coa etiqueta narrativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta narrativa. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de febreiro de 2025

CONCURSO AS COUSAS DO CASTELAO

Escribe un máximo de 200 palabras en galego acompañadas dun debuxo ao estilo das Cousas de Castelao. Podes facer unha reflexión sobre a vida, falar da nosa cultura ou facer crítica social. Envía os teus traballo a cousasdocastelao@gmail.com. O prazo para o evnío das obras remata o 30 de marzo. 



 

OITAVO CONCURSO DE MICRORRELATOS

DOMINIO PUNTOGAL e A REAL ACADEMIA GALEGA organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.

Escribe un relato de máximo 200 palabras en lingua galega e súbeo á web relatos.gal. Podes enviar un máximo de dous relatos e o tema é libre.

Hai tres categorías (infantil, xuvenil e adultos) con premios moi interesantes.  

Tes até o 28 de febreiro para enviar os teus relatos. 

ANÍMATE!!


xoves, 18 de abril de 2024

XII CERTAME DE MICRORRELATOS FEIRACO. LETRAS GALEGAS 2024.

Tedes até o 18 de maio para escribir o voso relato, que non pode pasar das 500 verbas e debe comezar coa frase "púxenme a escoitar". A temática do relato é libre. Os tres mellores relatos nas categorías de menores e de maiores de idade levarán premios.



 

+INFO E BASES


luns, 27 de marzo de 2023

XX CERTAME LITERARIO CONCELLO DE AMES

 

Certame de poesía e narrativa organizado polo Concello de Ames. Haberá unha categoría para menores de 14 anos, outra entre 14 e 17 anos e outra para maiores de 18 anos. 
Se escribes en prosa, a extensión da obra debe ter entre 2 e 6 páxinas. Se escribes poesía, entre 20 e 50 versos. 
Hai tres premios económicos por categoría.
Anímate e participa!!

BASES