Amosando publicacións coa etiqueta cifpdevilamarin. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cifpdevilamarin. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de outubro de 2026

CONCURSO DE PODCAST DO SAMAÍN


Os CIFP de Vilamarín e A Farixa convocan un novo concurso de podcast co gallo da celebración do Samaín. 

Tes toda a información no cartel.


 

xoves, 15 de outubro de 2026

VI Concurso de Relatos Espantosos

Achégase o Samaín e dende o EDLG do CIFP A Farixa colaboramos coa EOIOU, co CIFP de Vilamarín e co CIFP Portovello nunha nova edición do xa clásico concurso de relatos espantosos. Tes as bases no código qr que aparece no cartel. 



luns, 20 de outubro de 2025

CONCURSO DE PODCAST DO SAMAÍN NO CIFP A FARIXA

O CIFP A Farixa e o CIFP de Vilamarín uníronse este curso para organizar o concurso de Podcast de Samaín, contanto coa colaboración do Departamento de Imaxe e Son da Farixa. Tes as bases debaixo da foto. Anímate a participar!!


BASES

mércores, 15 de outubro de 2025

SAMAÍN NO CIFP A FARIXA!!

Vén celebrar o Samaín connosco!! Aquí tes o programa para 💀 Faraín 2025 👻:

  • Obradoiro de cabazas: o día 30 de outubro, xoves, de 10:00 a 11:30, diante da cafetaría. Trae algunha idea, que o cabazo e o cúter xa o poñemos nós. Poderás votar a través do primeiro código QR. É necesario apuntarse antes enviando un correo a dinamizafarixa@farixa.es indicando nome e apelidos, curso e ciclo. 
  • Concurso de Podcast: en colaboración co Departamento de Imaxe e Son do CIFP A Farixa e co CIFP de Vilamarín. Tes as bases no segundo código QR.
  • Concurso de Microrrelatos: en colaboración coa EOIOU e co CIFP Portovello. Tes as bases no terceiro código QR.
  • Decoración de portas das aulas: organiza a Biblioteca do centro. Non fai falla anotarse. Decora a túa aula!!




HAI PREMIOS!! VALES DE 30 EUROS PARA OS CONCURSOS DE DECORACIÓN DE CABAZAS, PODCAST E MICRORRELATOS!!