luns, 30 de xaneiro de 2023

VI CONCURSO PARA O DESEÑO DO CARTEL DO DÍA 8 DE MARZO 2023 “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER”

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocan un concurso de carteis.

Deixámosche aquí as bases.




mércores, 25 de xaneiro de 2023

Cousas de Mortos

Xa temos na nosa biblioteca unha nova obra de banda deseñada en galego. Nesta ocasión trátase de "Cousas de mortos", do autor coruñés Manel Cráneo, 14 terroríficas historias breves á túa disposición.





luns, 23 de xaneiro de 2023

Ecomuseo do Pazo de Arxeriz

A golpe de luns querémosvos propoñer un plan marabilloso para a próxima fin de semana. A pouco máis de media hora de Ourense, en coche, tedes o Ecomuseo do Pazo de Arxeriz, no Saviñao, provincia de Lugo. Neste museo/pazo poderedes coñecer como era a vida das vilas que estaban próximas ao río Miño antes de que construisen os encoros, as barcas que usaban, as artes de pesca, o comercio entre as beiras do río... Tamén poderedes ver restos castrexos, viñedos, o mirador de Cabo do Mundo, bodegas tradicionais, disfraces propios da zona... É unha visita moi interesante se queres coñecer algo máis sobre a cultura e a historia galegas ou se che gusta pasear polo campo. Anímate!!

Ecomuseo Pazo de Arxeriz