Amosando publicacións coa etiqueta fernandezdelriego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fernandezdelriego. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de maio de 2023

GRAN KAHOOT SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. LETRAS GALEGAS 2023.

A semana que vén celebramos o Día das Letras Galegas, e nesta 60ª edición o autor homenaxeado é Francisco Fernández del Riego.
Para celebrar esta data sinalada convidámoste a participar no gran Kahoot sobre Don Paco que terá lugar o vindeiro xoves, 18 de maio, no salón de actos do Cifp A Farixa.
Todas as respostas a estas preguntas están nos carteis que levan unha semana expostos diante da entrada da cafetaría. Bótalles un ollo.
Para participar só tes que vir ao salón de actos co teu teléfono móbil.
Anímate!!



 

luns, 27 de marzo de 2023

Convocatoria do V Concurso de Podcasts-Radio na biblio

A Dirección Xeral de  Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas escolares, fai pública a Resolución de 21 de marzo de 2023, pola que se convoca o V Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración  coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas 2023, dedicado este ano ao intelectual, escritor, activista político e cultural, articulista, editor e ensaísta Francisco Fernández del Riego, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre a valoración da lingua materna, reforzar a lectura en galego ou o achegamento ao mundo da edición e da tradución, e da importancia do activismo cultural a partir dos anos 50 do que foi protagonista, entre outros, o autor homenaxeado.

O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 28 de abril de 2023.