martes, 12 de novembro de 2024
YOUTUBEIRAS + 2024
Neste nova edición (a oitava!), os Premios Youtubeiras traen novidades: renacen como Premios Youtubeiras+ ao abrir a participación ás persoas creadoras de contidos en galego en TikTok e hai novas categorías de premios!
Os premios, cuxas bases están publicadas aquí, repartirán 7500 euros entre as persoas gañadoras de sete categorías: canle de YouTube, canle de TikTok, creación de contidos, revelación, calidade lingüística, rede e premio do público. O prazo de inscrición está aberto até ás 23.59 horas do 15 de novembro e faise a través deste formulario.
Para o Premio do Público, calquera poderá presentar suxestións a través deste formulario até o 15 de novembro. Ninguén poderá propor como candidatos os seus propios vídeos. Con todas as candidaturas recibidas crearase un formulario de votación que se difundirá polas redes sociais de Youtubeiras+ e estará habilitado do 25 de novembro ao 5 de decembro.
martes, 22 de outubro de 2024
CELEBRA O SAMAÍN NO CIFP A FARIXA!!
Este curso temos varias actividades para celebrar o Samaín e seguro que algunha é do teu interese.
Gústache escribir? Apúntate ao concurso de Microrrelatos Terroríficos.
Tes voz radiofónica? Entón o teu é o concurso de Podcast.
Es máis de facer manualidades? Anótate ao concurso de decoración de cabazos ou decora a porta da túa aula.
xoves, 27 de xuño de 2024
Convocatoria Mostra Creativa
mércores, 29 de maio de 2024
Curso de Verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos
O Curso de Verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos, organizado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar entre o 15 e o 18 de xullo.
Este curso proporcionaralle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais. Asemade, permitiralle achegarse a diferentes proxectos de Humanidades Dixitais, particularmente aos desenvolvidos en Galicia, así como coñecer as infraestruturas dixitais de investigación DARIAH e CLARIN.
O prazo de matrícula está aberto desde o 15 de maio até o 5 de xullo. Pode consultarse tanto a información relativa á matrícula coma o programa na páxina do evento.
xoves, 2 de maio de 2024
aRi(t)mar Galiza e Portugal
Até o 13 de maio está aberto o prazo para as votacións en liña á mellor poesía galega e portuguesa do ano 2023.
Xogos tradicionais galegos
O Observatorio do Patrimonio Lúdico, co apoio do Consello da Cultura Galega, ofrécenos unha aplicación sobre os xogos tradicionais, que ten tamén a correspondente versión web; unha ferramenta de interese para o alumnado, para as familias e para o profesorado, que permite incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para consultala con facilidade no interior e no exterior, no rural e no urbano, e que aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura e a lingua galegas.
APP
WEB
venres, 19 de abril de 2024
SEMINARIO GALÁN. LETRAS GALEGAS 2024
Este ano o Días das Letras Galegas vai dedicado a Luísa Villalta, e dende o Seminario Galán ofrécennos toda unha serie de recursos do máis variado para aprender sobre a autora coruñesa.
xoves, 18 de abril de 2024
XII CERTAME DE MICRORRELATOS FEIRACO. LETRAS GALEGAS 2024.
Tedes até o 18 de maio para escribir o voso relato, que non pode pasar das 500 verbas e debe comezar coa frase "púxenme a escoitar". A temática do relato é libre. Os tres mellores relatos nas categorías de menores e de maiores de idade levarán premios.
+INFO E BASES
mércores, 10 de abril de 2024
CONCURSO DE COPLAS DOS MAIOS 2024
Xa veñen os maios e dende Dinamiza Farixa e o EDLG da EOIOU organizamos este concurso, así que saca a túa retranca a pasear e deixanos ver ese artisteo que levas dentro.







