Día das Letras Galegas 2020: Carvalho Calero
Este resume sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero foi realizado a partir da guía elaborada polo IES Ferrol Vello de Ferrol (A Coruña): Guía didáctica Letras Galegas 2020
Vida:
Ricardo Carvalho Calero, nado como Ricardo Leopoldo Ángel José Gerardo Carballo Calero no Ferrol o 30 de outubro de 1910, é unha das persoas máis sobranceiras do século XX galego, como demostran as súas numerosas publicacións literarias de todos os xéneros, os seus estudos sobre a lingua e a literatura e a súa implicación nas principais iniciativas culturais do galeguismo no século XX.Coa súa dona, María Ignacia Ramos, coa que casou en 1933 |
Carvalho Calero (dereita), con Cunqueiro e Fernández del Riego en Santiago de Compostela |
Ricardo Carvalho Calero participou activamente na vida política e cultural de
preguerra, así como na defensa da II República. Foi cofundador do Partido Galeguista
e tivo un papel destacado na campaña a prol do Estatuto de Autonomía.
Ricardo Carvalho Calero residiu en diferentes cidades galegas e en todas deixou a
súa pegada. Ademais, durante a súa época de soldado viviu noutras zonas da
Península como Madrid, Valencia ou Andalucía.
Ricardo Carvalho Calero, como outros integrantes do movemento galeguista de
preguerra, sufriu a represión do franquismo. Estivo dous anos na cadea (mais nun
principio condenárano a doce anos e un día), en Xaén, por defender o sistema
republicano e pertencer ao movemento galeguista.
De 1950 a 1965, Carvalho é conselleiro delegado do Colexio Fingoi, un centro privado en Lugo cunha metodoloxía innovadora, na liña da Escola Nova e da Institución Libre de
Ensinanza, mixto, sen libros de texto, situado nunha contorna rural onde os alumnos
e as alumnas tiñan cadansúa horta e con talleres para promover a aplicación práctica
dos coñecementos na vida cotiá.
Carballo Calero cos primeiros alumnos e alumnas de Fingoi. Fonte: Colexio Fingoi |
Alumnado de Fingoi representando a adaptación d'O círculo de xiz realizada por Carballo Calero. Fonte: Colexio Fingoi |
En 1958, incorporouse á
Real Academia Galega co
discurso Contribución ao
estudo das fontes literarias
de Rosalía.
En 1965, Carvalho Calero, tras retomar as oposicións interrompidas pola guerra,
empeza a dar clase no instituto Rosalía de Castro. Paralelamente exerce a docencia
na Universidade de Santiago de Compostela, onde será o primeiro profesor de Lingua
e Literatura Galega e, desde 1972, é tamén o primeiro catedrático de Lingüística e
Literatura Galega. Nesta época, consciente da necesidade de dotar o alumnado de
manuais para a aprendizaxe, acentúase o seu labor investigador. Froito da necesidade de manuais para o estudo destas materias é a súa Gramática
elemental del gallego común (1966), que chegou a acadar sete edicións.
En 1970 e 1971, participou na redacción das primeiras normas ortográficas e
morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e en 1979 presidiu a Comisión
de Lingüística que elaborou as Normas ortográficas do idioma galego publicadas pola
Xunta de Galicia en 1980.
Recibindo o nomeamento de fillo predilecto de Ferrol |
Monumento a Carvalho Calero en Santiago de Compostela |
Caricaturas de Carvalho Calero realizadas por Siro. |
Obra:
Poesía:
A obra poética de Carvalho Calero recóllese en catro poemarios: Pretérito imperfeito
(1927-1961), Futuro condicional (1961-1980), Cantigas de amigo e outros poemas
(1980-1985) e Reticências... (1986-1989).
As dúas primeiras inclúen os volumes que Carvalho publicara nos anos anteriores
pois, na última década da súa vida, o autor revisou e reeditou gran parte da súa obra
anterior, adaptándoa á norma reintegracionista.
Carvalho Calero considerábase ante todo
poeta. Temas recorrentes na súa poesía,
extensa e variada, son a muller, a saudade da
infancia, a vellez, a guerra e a represión, a
morte, o sentido da vida e a busca do Absoluto
e da transcendencia.
Outras características son a sensualidade e o
erotismo ou a ironía e o escepticismo.
Na poesía de Carvalho son frecuentes as mencións culturais, clásicas e mitolóxicas.
A mitoloxía grega e latina será un tema recorrente na súa obra. Tamén aparece a
miúdo a recreación dos mitos bíblicos, artúricos e xermánicos.
Unha das correntes poéticas que deixaron pegada na obra de Carvalho foi o
vangardismo. Os primeiros poemas presentan influencia do hilozoísmo,
neotrobadorismo, ultraísmo e creacionismo. Nos textos da posguerrra, o influxo do
existencialismo faise evidente.
Narrativa:
Carvalho só publicou dúas novelas, moi diferentes unha da outra en moitos sentidos:
- A xente da Barreira foi a primeira novela en galego publicada na posguerra. Esta novela entronca coa tradición novelística galega de preguerra polas súas referencias ao mundo narrativo de Otero Pedrayo.
- Scorpio (1987), a segunda novela de Carvalho Calero,Premio da Crítica de narrativa galega, é considerada pola crítica como unha das mellores obras do século XX en galego. Con tintes autobiográficos, narra a vida dun mozo ferrolán que estuda no Santiago de Compospela de antes da Guerra Civil, e acaba loitando no bando republicano durante o conflicto bélico.
Booktrailer da novela Scórpio que realizaron na produtora Illa Bufarda:
Carvalho Calero escribiu outros textos
narrativos, que foron compilados no volume Narrativa completa (1984). Esta
publicación recolle, xunto coa primeira novela, revisada, os seguintes relatos: Os
señores da Pena, O lar de Clara, As pitas baixo a chúvia, Os tumbos, A cegoña e Aos
amores seródios.
Teatro:
Ensaio:
Carvalho Calero tamén foi un estudoso da lingua e literatura galega. As obras máis salientables son Historia da lireratura galega contemporánea (1963), Gramática elemental del gallego común (1966), Sobre lingua e literatura galega (1971) ou os Estudos rosalianos (1979).