Este ano dedicamos o Día das Letras Galegas a Xela Arias Castaño, e con tal motivo, dende Dinamiza Farixa (EDLG), estamos facendo unha serie de actividades para honrar á escritora de Sarria.
Deixámosche por aquí información sobre as actividades que estamos a facer para que coñezas mellor a Xela:
- Exposición virtual de Xulio Gil. Podes ver esta exposición no facebook de dinamizafarixa (aínda que non teñas facebook).
- Musicando a Xela: podes escoitar "Intempériome", o novo tema de "A banda da loba", no Spotify de dinamizafarixa, na lista colaborativa "Na Farixa, en Galego!". Se prefires ver o vídeo, aquí tes a ligazón: Intempériome (A banda da loba).
- Exposición divulgativa sobre Xela Arias no patio cuberto, diante da cafetaría do CIFP A Farixa, a semana do 17 ao 21 de maio.
- Concurso sobre Xela Arias a través de Kahoot. (Le mañá todos os detalles no facebook de dinamizafarixa).
- Ademais, dende dinamizafarixa, convidámoste a que pases pola biblioteca para ler uns libriños que compramos esta semana:
- Poesía reunida. Xela Arias.
- Intempériome (Edición Especial Letras Galegas 2021). Xela Arias.
- Darío a diario. Xela Arias.