xoves, 8 de maio de 2025

IV Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer

 

Poderanse presentar a este certame textos orixinais e inéditos escritos en lingua galega e pertencentes a calquera xénero da literatura infantil (novela, poesía, teatro, álbum ilustrado, banda deseñada e novela gráfica).

O premio consisten en 3000 € e a publicación da obra seleccionada, que Agadea se compromete a difundir nas bibliotecas de diversos colexios.

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 6 de febreiro e remata o 1 de xullo de 2015.

BASES.

XIII Certame de Microrrelatos Feiraco

As narracións que se presenten ao premio deberán estar inspiradas na temática "Galicia: campo de artistas" e ter de protagonista unha cantareira ou pandeireteira.


O certame conta con dúas categorías: a xuvenil, dirixida a escolares de máis de 12 anos matriculados en centros educativos galegos, e a adulta, para maiores de 18 anos. Na categoría xuvenil, o profesorado responsable dos centros educativos deberá seleccionar o mellor relato de cada curso e presentalo en formato pdf, xunto co formulario que aparece no web: vivefeiraco.esnova venta.


O concurso desenvolverase entre o 9 e o 14 de abril de 2025. Unha pandeireta e unhas tarrañolas conmemorativas, xunto cun lote de produtos Feiraco, son os premios aos que optan os participante