luns, 20 de outubro de 2025

CONCURSO DE PODCAST DO SAMAÍN NO CIFP A FARIXA

O CIFP A Farixa e o CIFP de Vilamarín uníronse este curso para organizar o concurso de Podcast de Samaín, contanto coa colaboración do Departamento de Imaxe e Son da Farixa. Tes as bases debaixo da foto. Anímate a participar!!


BASES

mércores, 15 de outubro de 2025

SAMAÍN NO CIFP A FARIXA!!

Vén celebrar o Samaín connosco!! Aquí tes o programa para 💀 Faraín 2025 👻:

  • Obradoiro de cabazas: o día 30 de outubro, xoves, de 10:00 a 11:30, diante da cafetaría. Trae algunha idea, que o cabazo e o cúter xa o poñemos nós. Poderás votar a través do primeiro código QR. É necesario apuntarse antes enviando un correo a dinamizafarixa@farixa.es indicando nome e apelidos, curso e ciclo. 
  • Concurso de Podcast: en colaboración co Departamento de Imaxe e Son do CIFP A Farixa e co CIFP de Vilamarín. Tes as bases no segundo código QR.
  • Concurso de Microrrelatos: en colaboración coa EOIOU e co CIFP Portovello. Tes as bases no terceiro código QR.
  • Decoración de portas das aulas: organiza a Biblioteca do centro. Non fai falla anotarse. Decora a túa aula!!




HAI PREMIOS!! VALES DE 30 EUROS PARA OS CONCURSOS DE DECORACIÓN DE CABAZAS, PODCAST E MICRORRELATOS!!
 

Concurso de "Relatos Espantosos" do Samaín.

Xa está aquí o Samaín de novo, e o noso instituto, en colaboración coa EOIOU e co CIFP Portovello, pon en marcha unha nova edición do concurso de "Relatos Espantosos" do Samaín. Deixámosvos por aquí as bases.