mércores, 4 de marzo de 2026

VII Concurso Literario Letras Galegas 2026


Cada persoa poderá presentar só unha obra, que deberá ser un relato curto de temática libre, escrito en idioma galego, orixinal, inédito e que non fose publicado nin premiado en ningún outro certame.

O prazo de entrega será ata o 3 de maio de 2026.

Os premios serán os seguintes:

1º PREMIO: 400 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 100 € e diploma

2º PREMIO: 300 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 € e diploma

3º PREMIO: 200 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 25 € e diploma.


BASES 

LINGUA DE NAMORAR 2026



Volve o concurso de mensaxes de amor "Lingua de Namorar". Lembra que tes atçe o 16 de marzo para participar, que podes participar se tes entre 14 e 35 anos e que hai premios moi interesantes (tabletas dixitais, libros electrónicos e auriculares bluetooth). Entra na web e deixa as túas mensaxes!!

BASES 

CONCURSO DE CARTEIS POLO 8M

Este domingo é 8M e para celebralo organizamos este concurso de carteis no CIFP A Farixa. Para participar bota un ollo ás bases que tes no código QR.