xoves, 23 de abril de 2020



23 de abril: DÍA DO LIBRO
Evento: 23 de abril, Día do Libro | Cultura de Galicia

As bibliotecas públicas da Xunta celebran o Día do Libro cunha programación online para o fomento e dinamización da lectura: Día do libro

GaliciaLe
Ademais, na rede de bibliotecas públicas de Galicia podemos acceder á iniciativa Galicia le, unha plataforma de préstamo de obras en formato electrónico.

A cultura segue


A Xunta de Galicia puxo en marcha neste periodo de confinamento o proxecto  #aculturasegue, cuxo obxectivo é difundir a través contidos multimedia un conxunto diverso de temas monográficos relacionados coa cultura e a lingua en Galicia.


xoves, 13 de febreiro de 2020

CONVOCATORIA 2020 DE PREMIOS A PROXECTOS DE FIN DE CICLO REDACTADOS E DEFENDIDOS EN GALEGO.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP A Farixa convoca os primeiros premios a proxectos de fin de ciclo redactados e defendidos en galego, co obxectivo de contribuír á normalización da lingua galega no ámbito académico.

Non é necesario inscribirse para participar:
poderá acceder automaticamente a estes premios todo o alumnado matriculado no CIFP A Farixa no curso 2019/2020 cuxos proxectos cumpran as bases.
Premiaranse ata un máximo dun proxecto por cada ciclo superior LOE presente no centro:
  • Proxectos de Edificación.
  • Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.
  • Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica.
  • Guía, información e Asistencia Turísticas.
  • Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.
  • Produción de Audiovisuais e Espectáculos.
  • Ensinanza e Animación Sociodeportiva  
Cada premio consistirá nun vale regalo de cincuenta euros (50,00€) para material informático e/ou de oficina.
As bases completas descríbense no seguinte documento: Bases

venres, 10 de xaneiro de 2020

Convocatoria dos premios vídeo-relato Lingua rodada

Lingua rodada
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de presentar o programa de vídeo-relato Lingua rodada coa finalidade de fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado, poñer en valor a nosa cultura e impulsar o coñecemento do cinema galego e a creación audiovisual. Está destinado ao alumnado da ESO, 1.º de bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio. O período de inscrición na proba de selección abrangue desde o 10 de xaneiro ao 3 de marzo e o prazo de envío dos vídeo-relatos, do 4 de febreiro ao 4 de marzo.

venres, 15 de novembro de 2019

Magosto 2019

O pasado venres 8 de novembro celebramos no noso centro unha festa de magosto organizada polo EDLG e os Correspondentes Xuvenís do CIFP A Farixa, cunha grande e animada participación.

 Queremos dar as grazas aos correspondentes xuvenís e a todos e todas os que colaboraron na actividade, comos aos grupos de imaxe e son que amenizaron a xornada.

Felicitámonos polo éxito da festa, esperando repetilo en vindeiros cursos. Grazas a tod@s.!!


mércores, 6 de novembro de 2019

Magosto 2019

O EDLG e os Corresponsales Xuvenís do CIFP A Farixa organizan un magosto no centro o vindeiro 8 de novembro.
Actividade aberta a todos e todas as integrantes do CIFP A Farixa co único requisito de inscribirse na actividade aportando unha "donación" de 1 €.

martes, 5 de novembro de 2019

Samaín: obradoiro de decoración de cabazos

Resultado do taller de decoración de cabazos polo Samaín:


O proceso:





 Grazas a Jorge Gómez e Erik Pereira de 1º de STI pola súa participación, e ao grupo de 2º de PARE pola súa colaboración na preparación da actividade.

venres, 11 de outubro de 2019

Samaín 2019



Xa estamos en outubro e o 31 é o día do Samaín !!

Como non so podemos vivir de coñecementos técnicos, temos que aproveitar para alimentarmonos culturalmente e promocionar a celebración do Samaín cun concurso de relatos curtos de medo!

Tamén se necesitarían voluntarios para ambientar o instituto nesa semana con de decoración de cabazos e outros elementos terroríficos!! Vaise realizar un obradoiro onde poderán participar todos e todas as interesadas, onde decoraremos cabazos e ambientaremos o hall do centro.

O Samaín é a festa de orixe celta do fin do verán e de lembranza dos difuntos , que no cristianismo derivou na festa de Difuntos (ou día de Todos os Santos).

Na América anglosaxoa a festa de Difuntos convertíuse na festa de Halloween.

Se queredes saber máis acerca do Samaín, podedes ver esta unidade didáctica do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalva: O Samaín


Prazas: actividade para 10 alumnos
Participantes: poderá participar todo o alumnado que non teña previstas outras actividades, e con autorización dos correspondentes profesores. Se houbese máis interesados que prazas, escolleranse os 10 primeiros en anotarse Tamén poderá participar calquira profesor ou persoal do centro que o desexe.
Inscripción: o alumnado que desexe participar deberá anotarse nunha lista que estará deispoñible en conserxería; prazo: ata o luns 21.
Data de celebración: o martes 22 realizarase unha pequena reunión no recreo para organizar as actividaes a desenvolver. O obradoiro se realizará o venres 25 de 3ª hora en adiante.



Bases do concurso:
  1. Participantes: poderá participar todo o alumnado, persoal  non docente e persoal docente do CIFP A Farixa.
  2. Premios: o premio consistirá nin vale de 40 € para material informático e/ou de oficina para o mellor relato do alumnado, e un bonito diploma para o mellor relato para o persoal docente e non docente. Poderán declararse desertos no caso de poucos relatos recibidos e/ou debido ao seu contido, a criterio do xurado.
  3. Temática: debe ser un relato orixinal sobre o medo, terror,... preferentemente usando as figuras da nosa cultura popular (lobishomes, diaños, meigas, Santa Compaña, mouros, fadas, etc...)
  4. Formato: o relato terá unha extensión máxima de 1 páxina , en letra Arial, tamaño 12 e debe estar escrito en galego.
  5. Entrega: farase en formato informático, enviando o texto adxunto ao correo electrónico edlg@farixa.es , especificando nome do autor ou autora, curso e título do relato.
  6. Prazo: os relatos poderanse enviar ao email indicado ata o 30 de outubro. Prolongado o prazo ata o 8 de novembro!!
  7. Xurado: estará composto polos membros do EDLG de A Farixa.
  8. Publicación dos relatos gañadores: faranse públicos no blog do EDLG a partir do 13 de novembro. 
  9. Difusión de datos: Os participantes aceptan a difusión dos seus nomes e dos textos presentados a concurso, co fin de dar a coñecer as actividades realizadas.