A semana que vén, concretamente o día 25 de novembro, celebramos o Día internacional contra a violencia de xénero, pero sabes por que se celebra o 25 de novembro? O 25 de novembro de cada ano, moitas cidades acollen manifestacións feministas multitudinarias. Trátase do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e non se celebra nesta data por casualidade.
martes, 17 de novembro de 2020
25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
En 1981, o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe fixou este día para a concienciación e sensibilización acerca da violencia contra as mulleres, en conmemoración de tres activistas dominicanas. Patricia, Minerva e María Teresa Mirabal foron brutalmente asasinadas o 25 de novembro de 1960 baixo a ditadura de Rafael Trujillo Molina.
martes, 27 de outubro de 2020
Premios Nós tamén creamos! 2019-2020
Amplíase o prazo para presentar curtas en galego até o 30 de outubro. Toda a información na ligazón:
Premios Nós tamén creamos 2019-2020
xoves, 22 de outubro de 2020
Samaín: obradoiro de decoración de cabazas.
O vindeiro xoves, día 29 de outubro, faremos un obradoiro de cabazas terroríficas co gallo da celebración do Samaín 😈. Farémolo a cuberto, na saída da cafetaría, e mantendo todas as medidas de prevención e protección necesarias nestes tempos de Covid-19. O alumnado que participe nesta actividade voluntaria, que se celebrará de 9 a 11, terá permiso para non asistir a clase mentres dure o obradoiro.
As cabazas serán expostas na entrada do edificio 1 para que todo ser vivinte ou espírito que entre no centro poida observar as vosas maléficas obras de arte.
Para participar avisa a Diego (profesor de FOL), Almudena ou María (profesoras do departamento de Imaxe e Son), Rafael (mantemento) ou a Alexia e/ou Alejandro (alumnado de 1º de obra). O prazo para apuntarse a esta actividade remata o luns, día 26 de outubro.
Ides ter máis medo que cando toca FOL a primeira hora!!
martes, 20 de outubro de 2020
Estamos nas redes sociais!!
Bo día!!🙋
Agora tamén estamos en Facebook, Instagram e Spotify para que poidas seguir as nosas andazas galeguizadoras, colaborar con nós, propoñer ideas, queixarte, suxerir melloras...
Facebook: dinamizafarixa
Instagram: dinamizaogalegonafarixa
Spotify: dinamizafarixa
Que agardas?? Séguenos!!
xoves, 14 de maio de 2020
Día das Letras Galegas 2020
Día das Letras Galegas 2020: Carvalho Calero
Este resume sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero foi realizado a partir da guía elaborada polo IES Ferrol Vello de Ferrol (A Coruña): Guía didáctica Letras Galegas 2020
Vida:
Ricardo Carvalho Calero, nado como Ricardo Leopoldo Ángel José Gerardo Carballo Calero no Ferrol o 30 de outubro de 1910, é unha das persoas máis sobranceiras do século XX galego, como demostran as súas numerosas publicacións literarias de todos os xéneros, os seus estudos sobre a lingua e a literatura e a súa implicación nas principais iniciativas culturais do galeguismo no século XX.![]() |
| Coa súa dona, María Ignacia Ramos, coa que casou en 1933 |
| Carvalho Calero (dereita), con Cunqueiro e Fernández del Riego en Santiago de Compostela |
Ricardo Carvalho Calero participou activamente na vida política e cultural de
preguerra, así como na defensa da II República. Foi cofundador do Partido Galeguista
e tivo un papel destacado na campaña a prol do Estatuto de Autonomía.
Ricardo Carvalho Calero residiu en diferentes cidades galegas e en todas deixou a
súa pegada. Ademais, durante a súa época de soldado viviu noutras zonas da
Península como Madrid, Valencia ou Andalucía.
Ricardo Carvalho Calero, como outros integrantes do movemento galeguista de
preguerra, sufriu a represión do franquismo. Estivo dous anos na cadea (mais nun
principio condenárano a doce anos e un día), en Xaén, por defender o sistema
republicano e pertencer ao movemento galeguista.
De 1950 a 1965, Carvalho é conselleiro delegado do Colexio Fingoi, un centro privado en Lugo cunha metodoloxía innovadora, na liña da Escola Nova e da Institución Libre de
Ensinanza, mixto, sen libros de texto, situado nunha contorna rural onde os alumnos
e as alumnas tiñan cadansúa horta e con talleres para promover a aplicación práctica
dos coñecementos na vida cotiá.
| Carballo Calero cos primeiros alumnos e alumnas de Fingoi. Fonte: Colexio Fingoi |
| Alumnado de Fingoi representando a adaptación d'O círculo de xiz realizada por Carballo Calero. Fonte: Colexio Fingoi |
En 1958, incorporouse á
Real Academia Galega co
discurso Contribución ao
estudo das fontes literarias
de Rosalía.
En 1965, Carvalho Calero, tras retomar as oposicións interrompidas pola guerra,
empeza a dar clase no instituto Rosalía de Castro. Paralelamente exerce a docencia
na Universidade de Santiago de Compostela, onde será o primeiro profesor de Lingua
e Literatura Galega e, desde 1972, é tamén o primeiro catedrático de Lingüística e
Literatura Galega. Nesta época, consciente da necesidade de dotar o alumnado de
manuais para a aprendizaxe, acentúase o seu labor investigador. Froito da necesidade de manuais para o estudo destas materias é a súa Gramática
elemental del gallego común (1966), que chegou a acadar sete edicións.
En 1970 e 1971, participou na redacción das primeiras normas ortográficas e
morfolóxicas do idioma galego da Real Academia Galega e en 1979 presidiu a Comisión
de Lingüística que elaborou as Normas ortográficas do idioma galego publicadas pola
Xunta de Galicia en 1980.
![]() |
| Recibindo o nomeamento de fillo predilecto de Ferrol |
![]() |
| Monumento a Carvalho Calero en Santiago de Compostela |
| Caricaturas de Carvalho Calero realizadas por Siro. |
Obra:
Poesía:
A obra poética de Carvalho Calero recóllese en catro poemarios: Pretérito imperfeito
(1927-1961), Futuro condicional (1961-1980), Cantigas de amigo e outros poemas
(1980-1985) e Reticências... (1986-1989).
As dúas primeiras inclúen os volumes que Carvalho publicara nos anos anteriores
pois, na última década da súa vida, o autor revisou e reeditou gran parte da súa obra
anterior, adaptándoa á norma reintegracionista.
Carvalho Calero considerábase ante todo
poeta. Temas recorrentes na súa poesía,
extensa e variada, son a muller, a saudade da
infancia, a vellez, a guerra e a represión, a
morte, o sentido da vida e a busca do Absoluto
e da transcendencia.
Outras características son a sensualidade e o
erotismo ou a ironía e o escepticismo.
Na poesía de Carvalho son frecuentes as mencións culturais, clásicas e mitolóxicas.
A mitoloxía grega e latina será un tema recorrente na súa obra. Tamén aparece a
miúdo a recreación dos mitos bíblicos, artúricos e xermánicos.
Unha das correntes poéticas que deixaron pegada na obra de Carvalho foi o
vangardismo. Os primeiros poemas presentan influencia do hilozoísmo,
neotrobadorismo, ultraísmo e creacionismo. Nos textos da posguerrra, o influxo do
existencialismo faise evidente.
Narrativa:
Carvalho só publicou dúas novelas, moi diferentes unha da outra en moitos sentidos:
- A xente da Barreira foi a primeira novela en galego publicada na posguerra. Esta novela entronca coa tradición novelística galega de preguerra polas súas referencias ao mundo narrativo de Otero Pedrayo.
- Scorpio (1987), a segunda novela de Carvalho Calero,Premio da Crítica de narrativa galega, é considerada pola crítica como unha das mellores obras do século XX en galego. Con tintes autobiográficos, narra a vida dun mozo ferrolán que estuda no Santiago de Compospela de antes da Guerra Civil, e acaba loitando no bando republicano durante o conflicto bélico.

Booktrailer da novela Scórpio que realizaron na produtora Illa Bufarda:
Carvalho Calero escribiu outros textos
narrativos, que foron compilados no volume Narrativa completa (1984). Esta
publicación recolle, xunto coa primeira novela, revisada, os seguintes relatos: Os
señores da Pena, O lar de Clara, As pitas baixo a chúvia, Os tumbos, A cegoña e Aos
amores seródios.

Teatro:

Ensaio:
Carvalho Calero tamén foi un estudoso da lingua e literatura galega. As obras máis salientables son Historia da lireratura galega contemporánea (1963), Gramática elemental del gallego común (1966), Sobre lingua e literatura galega (1971) ou os Estudos rosalianos (1979).
Día das Letras Galegas 2020
Feiraco, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza o IX Certame de Relatos Breves con motivo das Letras Galegas 2020. (Bases legais)
xoves, 23 de abril de 2020
23 de abril: DÍA DO LIBRO

As bibliotecas públicas da Xunta celebran o Día do Libro cunha programación online para o fomento e dinamización da lectura: Día do libro

Ademais, na rede de bibliotecas públicas de Galicia podemos acceder á iniciativa Galicia le, unha plataforma de préstamo de obras en formato electrónico.

A Xunta de Galicia puxo en marcha neste periodo de confinamento o proxecto #aculturasegue, cuxo obxectivo é difundir a través contidos multimedia un conxunto diverso de temas monográficos relacionados coa cultura e a lingua en Galicia.
xoves, 13 de febreiro de 2020
CONVOCATORIA 2020 DE PREMIOS A PROXECTOS DE FIN DE CICLO REDACTADOS E DEFENDIDOS EN GALEGO.
As bases completas descríbense no seguinte documento: Bases
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP A Farixa convoca os primeiros premios a proxectos de fin de ciclo redactados e defendidos en galego, co obxectivo de contribuír á normalización da lingua galega no ámbito académico.
Non é necesario inscribirse para participar:
poderá acceder automaticamente a estes premios todo o alumnado matriculado no CIFP A Farixa no curso 2019/2020 cuxos proxectos cumpran as bases.
Premiaranse ata un máximo dun proxecto por cada ciclo superior LOE presente no centro:
poderá acceder automaticamente a estes premios todo o alumnado matriculado no CIFP A Farixa no curso 2019/2020 cuxos proxectos cumpran as bases.
Premiaranse ata un máximo dun proxecto por cada ciclo superior LOE presente no centro:
- Proxectos de Edificación.
- Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.
- Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica.
- Guía, información e Asistencia Turísticas.
- Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.
- Produción de Audiovisuais e Espectáculos.
- Ensinanza e Animación Sociodeportiva
As bases completas descríbense no seguinte documento: Bases
venres, 10 de xaneiro de 2020
Convocatoria dos premios vídeo-relato Lingua rodada
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de presentar o programa de vídeo-relato Lingua rodada coa finalidade de fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado, poñer en valor a nosa cultura e impulsar o coñecemento do cinema galego e a creación audiovisual. Está destinado ao alumnado da ESO, 1.º de bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio. O período de inscrición na proba de selección abrangue desde o 10 de xaneiro ao 3 de marzo e o prazo de envío dos vídeo-relatos, do 4 de febreiro ao 4 de marzo.
Podedes consultar as bases na seguinte ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0101/lingua-rodada
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







