A golpe de luns querémosvos propoñer un plan marabilloso para a próxima fin de semana. A pouco máis de media hora de Ourense, en coche, tedes o Ecomuseo do Pazo de Arxeriz, no Saviñao, provincia de Lugo. Neste museo/pazo poderedes coñecer como era a vida das vilas que estaban próximas ao río Miño antes de que construisen os encoros, as barcas que usaban, as artes de pesca, o comercio entre as beiras do río... Tamén poderedes ver restos castrexos, viñedos, o mirador de Cabo do Mundo, bodegas tradicionais, disfraces propios da zona... É unha visita moi interesante se queres coñecer algo máis sobre a cultura e a historia galegas ou se che gusta pasear polo campo. Anímate!!
luns, 23 de xaneiro de 2023
xoves, 15 de decembro de 2022
PREMIOS INTERNACIONAIS DE PODCAST - O VELLO DOS CONTOS
Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de educación primaria (de 5º e 6º cursos) e secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderá participar o alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.
Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados coa vida e obra e Francisco Fernández del Riego, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas en 2023, ou con outros aspectos do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do Norte de Portugal, cunha duración máxima de tres minutos.
Establécense os seguintes premios:
- Premio ao mellor traballo do alumnado de 5º e 6º cursos de primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma.
- Premio ao mellor traballo dos centros de educación secundaria e doutros centros de ensino non universitario de Galicia e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma.
luns, 5 de decembro de 2022
Elisa e Marcela en banda deseñada de balde!!
O Consello da Cultura Galega presenta esta banda deseñada que, en palabras da autora Xulia Vicente, “relata a historia de Elisa e Marcela, dúas mulleres cuxa peculiar historia foi reconstruída a partir de documentos oficiais e de extractos de xornais, moitas veces con testemuñas de difícil comprobación. Necesariamente, este relato emprega a ficción para suplir algún ocos e facilitar a narración. Esta banda deseñada ten a intención de divulgar e visibilizar a vida destas mulleres, pero nunca debe tomarse como unha versión cen por cen fiel á historia”.
luns, 28 de novembro de 2022
III Premio Alberto Quiñoi de álbum ilustrado
mércores, 16 de febreiro de 2022
PREMIOS DE LITERATURA DRAMÁTICA
A Xunta convoca as novas edicións dos seus premios de literatura dramática cunha dotación global de 26.000 euros.
LINGUA DE NAMORAR 2022
- 1º Patinete eléctrico Youin You-Go L.
venres, 11 de febreiro de 2022
Concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Convocatoria do concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Tedes as bases na ligazón.
luns, 31 de xaneiro de 2022
CONCURSO DE MICRORRELATOS.
martes, 18 de xaneiro de 2022
O meu baleiro
Xa tedes á vosa disposición na biblioteca do centro o libro "O meu baleiro", con ilustracións do noso compañeiro Marcos Viso. Botádelle un ollo!!
O meu baleiro
xoves, 2 de decembro de 2021
4º PREMIOS INTERNACIONAIS DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, "O VELLO DOS CONTOS".
O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, en colaboración con Ponte nas Ondas convocan os IV Premios de Podcasts en galego e portugués, Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos".
Podes participar se tes entre 10 e 18 anos. Solicita participar antes do 21 de decembro de 2021 e envía o teu traballo antes do 15 de maio de 2022.
O podcast estará relacionado coa figura de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no Días das Letras Galegas 2022. Tamén podes falar do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e Norte de Portugal.
Máis info nas bases.
