BASES
Hoxe, 23 de febreiro de 2023, celebramos o nacemento de María Rosalía Rita de Castro, poetisa e novelista galega, figura emblemática do Rexurdimento galego e precursora da poesía moderna galega.
Para iso imos compartir con vós unha escolma de materiais que vos permitirá coñecer mellor á nosa Rosalía e a súa obra.
Cantares gallegos, Contos da miña terra, Follas novas en descarga gratuíta.
Visita en 28 segundos as casas nas que morou Rosalía (vídeo).
Goza da obra de Rosalía en formato audiolibro.
Documental sobre a Rosalía feminista (vídeo).
"Tik y Tak" explícanche en 5 minutos quen era Rosalía (vídeo).
Os Bolechas celebran a Rosalía (vídeo).
Escoita Negra Sombra musicada (vídeo).
Frases célebres de Rosalía (vídeo).
En total ofértanse 35 cursos titorizados -9 presenciais e 26 en liña- preparatorios das probas para obter os niveis Celga 2, 3 e 4
As solicitudes presentaranse a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística entre o 13 de febreiro e o 3 de marzo mentres que os cursos se impartirán do 20 do marzo ao 11 de maio
A Consellería de Cultura tamén ofrece cursos Celga de autoaprendizaxe nos catro niveis aos que a cidadanía pode acceder libremente sen límite de prazas nin prazos de impartición no Portal da Lingua Galega
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e as mozas de 14 a 35 anos.
Tes a información sobre os premios, o concurso de Instagram e demais na ligazón adxunta. Anímate!!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP A Farixa convoca os Premios a Proxectos de fin de ciclo redactados e defendidos en galego, co obxectivo de contribuír á normalización da lingua galega no ámbito académico.
Co obxectivo de fomentar a poesía no impulso das ideas e facer do galego un idioma de intercambio cultural, o Festival Alguén de respira! –organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística– convoca a a primeira edición do Premio Respira! de poesía, que se rexerá polas seguintes bases: Certame de Poesía Respira!
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocan un concurso de carteis.
Deixámosche aquí as bases.
Xa temos na nosa biblioteca unha nova obra de banda deseñada en galego. Nesta ocasión trátase de "Cousas de mortos", do autor coruñés Manel Cráneo, 14 terroríficas historias breves á túa disposición.