martes, 7 de novembro de 2023
martes, 31 de outubro de 2023
CONCURSO DE DECORACIÓN DE CABAZOS NO CIFP A FARIXA
A Santa Compaña volve ao CIFP A Farixa o vindeiro venres, día 3 do mes dos defuntos, para celebrar o Samaín. Participa nos concursos de decoración de cabazas e de "Relatos Espantosos". Haberá premios terroríficos e animación musical diante da cafetaría, entre as 11 e as 12:30. Non teñas medo de vir vestida/o para a ocasión!!!
Tes as bases no código qr:
luns, 23 de outubro de 2023
CONCURSO DE RELATOS DO SAMAÍN 2023
A EOI de Ourense e o CIFP A Farixa colaboran neste terrorífico concurso de Samaín!! Anímate a participar enviando o teu relato en texto ou audio a dinamizafarixa@gmail.com. Asústanos cun máximo de 150 palabras e leva un premio!! 💀💀😈😈👻👻🎃🎃
xoves, 5 de outubro de 2023
IV CERTAME DE GALETIKTOKERS 2023
Grava un vídeo en galego de entre 15 e 90 segundos a través de TikTok ou dos Reels de Instagram.
A temática é libre, polo que podes falar de deportes, humor, música, cine, literatura, etc.
Tes as bases debaixo do cartaz. Anímate e amósanos a túa creatividade!! Hai seis premios de 300 euros!
mércores, 24 de maio de 2023
6º Certame de imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués
A asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas ondas! trata de contribuír á transmisión do patrimonio cultural inmaterail galego-portugués a través da convocatoria dun certame de fotografías entre o alumnado, establecéndose dúas categorías:
- Primeira categoría: alumnado de Infantil e Primaria.
- Segunda categoría: alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.
As fotografías deben conter imaxes anteriores a 1970, presentaranse dixitalizadas e acompañadas dun texto descritivo. Cada alumno/a participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías propiedade da súa familia.
Tamén serán ben recibidas as achegas de persoas ou entidades externas ao sistema educativo, podendo facerse mención ás máis salientables á marxe do concurso.
A maiores, é posible participar no certame cun podcast sobre unha das imaxes presentadas.
Premios:
- 1º Premio: un ordenador portátil.
- 2º Premio: unha tableta de 10''.
- 3º Premio: unha tableta de 8''.
- Podcast: unha tableta e uns auriculares sen fíos.
Prazo de participación: ata o 23 de xuño de 2023.
Enderezo electrónico para a consulta de dúbidas: ondas@pontenasondas.org.
No seguinte documento pódense consultar as bases do concurso.
CONCURSO DE MICROVÍDEOS "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO"
BASES:
xoves, 18 de maio de 2023
PETISCOS DE CIENCIA 2023
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca de novo neste ano 2023 o concurso Petiscos de ciencia de vídeos científicos en galego.
Nesta iniciativa vai poder participar o alumnado da ESO, de formación profesional e de bacharelato dos institutos de Galicia, en grupos de 3 persoas como máximo, coordinados por un/unha docente.
Para facelo, debe presentar un vídeo en galego de entre 30 e 90 segundos, inédito e orixinal, que atenda cun enfoque divulgativo a calquera tema relacionado coa ciencia.
PRAZOS
Os vídeos poden presentarse ata o 15 de outubro de 2023.
PREMIOS
1. Agasallo por valor de 200 euros.
2. Agasallo por valor de 100 euros.
luns, 15 de maio de 2023
VI Concurso de Booktrailers IES A Pontepedriña
O EDLG do IES compostelán A Pontepedriña organiza o seu VI concurso de Booktrailers. O único que tes que facer e gravar un vídeo curto (de entre 60 e 120 segundos) falando sobre un libro que leras en galego.
Déixoche as bases por aquí.
mércores, 10 de maio de 2023
GRAN KAHOOT SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. LETRAS GALEGAS 2023.
martes, 2 de maio de 2023
CONCURSO DE COPLAS. MAIOS 2023
- Escolle un tema: o profesorado, o equipo directivo, persoas que conducen a 215 qm/h, as rampas do alcalde...
- Ten en conta a rima e que teña un mínimo de 12 versos.
- Envíaa a dinamizafarixa@gmail.com
- Data límite: 7 de maio.
- Mellor copla cantada/rapeada/recitada: un vale de 50 €.
- Mellor copla non musicada (simplemente a copla escrita): un vale de 25 €.







