luns, 25 de novembro de 2019
venres, 15 de novembro de 2019
Magosto 2019
O pasado venres 8 de novembro celebramos no noso centro unha festa de magosto organizada polo EDLG e os Correspondentes Xuvenís do CIFP A Farixa, cunha grande e animada participación.
Felicitámonos polo éxito da festa, esperando repetilo en vindeiros cursos. Grazas a tod@s.!!
Queremos dar as grazas aos correspondentes xuvenís e a todos e todas os que colaboraron na actividade, comos aos grupos de imaxe e son que amenizaron a xornada.
Felicitámonos polo éxito da festa, esperando repetilo en vindeiros cursos. Grazas a tod@s.!!
mércores, 6 de novembro de 2019
Magosto 2019
O EDLG e os Corresponsales Xuvenís do CIFP A Farixa organizan un magosto no centro o vindeiro 8 de novembro.
Actividade aberta a todos e todas as integrantes do CIFP A Farixa co único requisito de inscribirse na actividade aportando unha "donación" de 1 €.
Actividade aberta a todos e todas as integrantes do CIFP A Farixa co único requisito de inscribirse na actividade aportando unha "donación" de 1 €.
martes, 5 de novembro de 2019
Samaín: obradoiro de decoración de cabazos
Resultado do taller de decoración de cabazos polo Samaín:
O proceso:
Grazas a Jorge Gómez e Erik Pereira de 1º de STI pola súa participación, e ao grupo de 2º de PARE pola súa colaboración na preparación da actividade.
O proceso:
Grazas a Jorge Gómez e Erik Pereira de 1º de STI pola súa participación, e ao grupo de 2º de PARE pola súa colaboración na preparación da actividade.
venres, 11 de outubro de 2019
Samaín 2019

Xa estamos en outubro e o 31 é o día do Samaín !!
Como non so podemos vivir de coñecementos técnicos, temos que aproveitar para alimentarmonos culturalmente e promocionar a celebración do Samaín cun concurso de relatos curtos de medo!
Tamén se necesitarían voluntarios para ambientar o instituto nesa semana con de decoración de cabazos e outros elementos terroríficos!! Vaise realizar un obradoiro onde poderán participar todos e todas as interesadas, onde decoraremos cabazos e ambientaremos o hall do centro.
O Samaín é a festa de orixe celta do fin do verán e de lembranza dos difuntos , que no cristianismo derivou na festa de Difuntos (ou día de Todos os Santos).
Na América anglosaxoa a festa de Difuntos convertíuse na festa de Halloween.
Na América anglosaxoa a festa de Difuntos convertíuse na festa de Halloween.
Se queredes saber máis acerca do Samaín, podedes ver esta unidade didáctica do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalva: O Samaín
Prazas: actividade para 10 alumnos
Participantes: poderá participar todo o alumnado que non teña previstas outras actividades, e con autorización dos correspondentes profesores. Se houbese máis interesados que prazas, escolleranse os 10 primeiros en anotarse Tamén poderá participar calquira profesor ou persoal do centro que o desexe.
Inscripción: o alumnado que desexe participar deberá anotarse nunha lista que estará deispoñible en conserxería; prazo: ata o luns 21.
Data de celebración: o martes 22 realizarase unha pequena reunión no recreo para organizar as actividaes a desenvolver. O obradoiro se realizará o venres 25 de 3ª hora en adiante.
Prazas: actividade para 10 alumnos
Participantes: poderá participar todo o alumnado que non teña previstas outras actividades, e con autorización dos correspondentes profesores. Se houbese máis interesados que prazas, escolleranse os 10 primeiros en anotarse Tamén poderá participar calquira profesor ou persoal do centro que o desexe.
Inscripción: o alumnado que desexe participar deberá anotarse nunha lista que estará deispoñible en conserxería; prazo: ata o luns 21.
Data de celebración: o martes 22 realizarase unha pequena reunión no recreo para organizar as actividaes a desenvolver. O obradoiro se realizará o venres 25 de 3ª hora en adiante.
Bases do concurso:
- Participantes: poderá participar todo o alumnado, persoal non docente e persoal docente do CIFP A Farixa.
- Premios: o premio consistirá nin vale de 40 € para material informático e/ou de oficina para o mellor relato do alumnado, e un bonito diploma para o mellor relato para o persoal docente e non docente. Poderán declararse desertos no caso de poucos relatos recibidos e/ou debido ao seu contido, a criterio do xurado.
- Temática: debe ser un relato orixinal sobre o medo, terror,... preferentemente usando as figuras da nosa cultura popular (lobishomes, diaños, meigas, Santa Compaña, mouros, fadas, etc...)
- Formato: o relato terá unha extensión máxima de 1 páxina , en letra Arial, tamaño 12 e debe estar escrito en galego.
- Entrega: farase en formato informático, enviando o texto adxunto ao correo electrónico edlg@farixa.es , especificando nome do autor ou autora, curso e título do relato.
- Prazo: os relatos poderanse enviar ao email indicado ata o 30 de outubro. Prolongado o prazo ata o 8 de novembro!!
- Xurado: estará composto polos membros do EDLG de A Farixa.
- Publicación dos relatos gañadores: faranse públicos no blog do EDLG a partir do 13 de novembro.
- Difusión de datos: Os participantes aceptan a difusión dos seus nomes e dos textos presentados a concurso, co fin de dar a coñecer as actividades realizadas.
sábado, 21 de setembro de 2019
Enquisa sobre o uso do galego no centro
Co obxectivo da mellora na promoción do uso da lingua galega no noso centro estamos a realizar un Proxecto Sociolíngüístico que sirva de ferramenta de traballo para os vindeiros cursos escolares.
Para eso, necesitamos saber a realidade da lingua galega na vida do noso alumnado e pedímosvos que cumprimentedes un cuestionario.
O cuestionario é totalmente anónimo e só servirá como fonte estatística para o deseño dos obxectivos do proxecto: .
Benvida curso 2019/2020
Saúdos. Benvidos ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP A Farixa neste novo curso 2019/20. Esperamos que vos unades e colaboredes nas actividades que iremos desenvolvendo ao longo do curso. Tamén esperamos os vosos comentarios e propostas para fomentarmos a lingua e cultura galega.
luns, 24 de xuño de 2019
Gañadores dos premios aos proxectos de fin de ciclo en galego
O día 20 de xuño, dentro da gala de graduación de fin de curso, fíxose a entrega dos premios aos alumnos e alumnas que resultaron gañadores dos I premios a proxectos de fin de ciclo redactados e defendidos en galego.
Os gañadores e gañadoras de este primeira convocatoria foron:
Noraboa aos gañadores e gañadoras!
Os gañadores e gañadoras de este primeira convocatoria foron:
- CS de Mantemento Electrónico: Óliver Formoso Sánchez
- CS de Guía, información e Asistencia Turísticas: Óscar Gesteira Estévez
- CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos: María José Salgado
- CS de Produción de Audiovisuais e Espectáculos: Iria Rivero Conde
Noraboa aos gañadores e gañadoras!
luns, 13 de maio de 2019
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019
![]() |
| Antonio Fraguas Fraguas |
O día 16 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas 2019 cun pequeno acto en homenaxe a Antonio Fraguas. Podedes ler aquí a súa biografía oficial que publica a RAG.
Dentro das actividades desenvolvidas este mes centradas nas Letras Galegas, exponse no hall de entrada do instituto un resumo da vida e obra do homenaxeado este ano.
Ademáis, está en marcha o concurso de "O libro misterioso", do cal tendes as bases publicadas nos carteis repartidos polo instituto e neste blog.
Para rematar, o día 16 realizarase o acto central do Día das Letras Galegas con actuacións musicais, o concurso Acerta e Gana e a entrega do premio ao ganador ou ganadora do concurso "O libro misterioso".
Lembrade: o día 16 de maio, no salón de actos, ás 11:30.
xoves, 25 de abril de 2019

Dentro das actividades programadas co motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2019, o Equipo de Biblioteca xunto co EDLG do CIFP A Farixa organizan O libro misterioso, un divertido xogo de motivación á lectura.
En que consiste? É moi fácil, só tedes que adiviñar cal é o libro misterioso do que imos dando pistas.
Se o atopades, enviar correo a olibromisterioso@farixa.es indicando: Título, autor e número de rexistro do
libro na biblioteca.
- O gañador será o primeiro correo recibido coa resposta correcta antes do 14 de maio.
- Máximo de 2 correos por alumno/a que deberá indicar: Nome, Apelidos e Curso.
- Pistas: Na porta da Biblioteca ás 11:15 horas os días: 29 de abril, 2,3,6,8 e 10 de maio.
- Premio: Un vale para compra de material.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























