venres, 7 de febreiro de 2025

CONCURSO-KAHOOT SOBRE CASTELAO.

Neste 2025 conmemoramos o 75 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, político e artista multidisciplinar nacido en Rianxo que foi considerado a gran figura intelectual, política e histórica no nacionalismo antifascista galego. E para lembrar a súa figura no CIFP A Farixa imos ter unha exposición con algúns dos seus debuxos máis notables e con información relevante sobra a vida e obra do autor. Pero, ademais disto, teremos un concurso-kahoot sobre a vida e a obra do autor, que se celebrará no recreo do día 11 de marzo de 2025 e cuxas bases che paso a presentar:


  • Esta é unha actividade aberta a toda a comunidade educativa.

  • Celebrarase no recreo no salón de actos.

  • Tes que traer o teu teléfono móbil.

  • A persoa que máis acertos teña no kahoot será a gañadora.

  • En caso de empate, o coordinador do EDLG do CIFP A Farixa formulará unha serie de preguntas ás/aos participantes que empataran até desfacer o empate. Tamén se ofrecerá a posibilidade de compartir o premio se non quixeran desempatar.

  • O premio consiste nun vale de 50€ a gastar nun dos provedores do centro. 





En Ourense, a 7 de febreiro de 2025.


O coordinador do EDLG. Diego Bustillo de la Fuente. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario